Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Presentado el XXX Festival de Pardiñas (Guitiriz, Lugo) que aúna fiesta y creatividad

Nota de prensa remitida por Pablo Durán / Félix Jorquera (Terra Chá.Xa)

A XXX edición do Festival de Pardiñas presentouse en Lugo co obxectivo de ampliar as mais de 25.000 persoas que acudiron o ano pasado. Recoñecida como Festa de Interese Turístico, o Festival de Pardiñas, que conta cun orzamento de 70.000 euros, é algo mais que música, xoldra, e artesanía. A creatividade, a arte, a literatura ou a aprendizaxe tamén terán o seu oco no fin de semana do 1 e o 2 de agosto en Guitiriz.

A do 2009 será unha edición especial. Non so polo “número redondo” do seu aninovo, senón polo cartel que presentará e que adiantou o Coordinador de Xermolos, Alfonso Blanco Torrado, como representante da Asociación que organiza este evento.

“Para nós é moi importante poder aguantar xeración tras xeración 30 anos. O mellor é mantelo vivo e renovalo cada ano. A programación das actividades buscan unha participación de todos os que veñen, que cada un dos que acuda axuda a facer mais fermoso Pardiñas”, admite Torrado.

Para cumprir co seu obxectivo, desde a comisión encargada de escoller os grupos musicais traballouse a reo na confección dun cartel que contará con importantes nomes como La Belle Image Fanfarfe, Pepe Vaamonde ou Hedningarna.

O sábado 1 abrirá a xornada a banda holandesa de raíces hispanas Muyayos de Raiz. Este grupo, que reside en Utrech, emprega os seus propios arranxos para explorar novas formas de música tradicional. Tomará o relevo La Belle Image Fanfare, unha das referencias da música popular e tradicional de América Latina, a pesar de nacer na localidade francesa de Orleáns. Pero o prato forte do Festival chegará a posteriori. Despois de varios anos na súa procura, actuará no escenario Estrella Galicia a formación sueca Hedningarna. Este é un dos grandes nomes do folk europeo, gracias á súa mestura de música tradicional fusionada con influencias de techno ou rave. Por último, contra a mañanciña, será a quenda para a big-band explosiva de A Grela, Banda Potemkim, que cargará as pilas para bailar ata o almorzo.

Para o domingo quedarán o grupo de percusión de Vigo, Bloquinho da Salgueira, que achegará a Samba, o Reggae e o Afrobahiano a Guitiriz. Despois subirase ao escenario a banda de folk compostelá Lúa de Fouce, para deixar paso a un clásico da música galega como é o Pepe Vaamonde Grupo e a rabia e o dinamismo de Pan de Capazo, que pechará as actuacións musicais de Pardiñas.

Pero falar deste festival non é falar só de música. Tamén haberá espazo para a XVI mostra de Artesáns de instrumentos tradicionais, organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, que contará coa participación de preto de 30 profesionais e coas actuacións de “Tanto nos ten”, de Redondela e de “A requinta da laxeira”, de Vedra.

Os creadores mais novos tamén terán o seu espazo nos diversos talleres e obradoiros proxectados, e aos que se poden apuntar a través da web de Xermolos, www.xermolos.org. Así, haberá espazo para o audiovisual, a fotografía, o vídeo, cómic, grafitti e tamén pintura ao aire libre e escultura.

O pregón do 2009 correrá a cargo do profesor da Facultade de Arquitectura da Universidade de A Coruña, Manuel Caamaño, contra as 18.00 horas do domingo. A continuación procederase á entrega dos premios do Certame Terra Chá de Literatura e Debuxo Infantil, no que participaron mais de 800 nenas e nenos de 50 colexios de Galicia e do Bierzo.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información