Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Coruña acoge en julio la muestra gráfica Ramón Piñeiro na Lembranza integrada por caricaturas y retratos de Siro López

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A exposición gráfica de Siro López Ramón Piñeiro na lembranza –que organiza o Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística– pode verse ata o día 30 de xullo na sede da Fundación Caixa Galicia da Coruña.

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, inaugurou a última parada desta mostra, que vén de amosarse nas cidades de Santiago, Ourense e Lugo. Tamén participaron no acto o autor da mostra, Siro López; o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro; o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja; o presidente de La Voz de Galicia, Santiago Rey; e o coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro, Manuel González.
Durante a inauguración, Anxo Lorenzo valorou no seu discurso a riqueza lingüística de Galicia e afirmou que “o galego precisa aínda dunha especial protección para lograr a igualdade efectiva” co castelán. Así mesmo, o secretario xeral asegurou na súa intervención que “o Goberno de Galicia aposta por unha política lingüística de promoción da lingua galega, de activación do galego de maneira sostible e perdurable no tempo”.

Unha homenaxe a Piñeiro

A exposición Ramón Piñeiro na lembranza reúne máis de trinta obras de Siro que teñen como protagonista a Ramón Piñeiro. Entre elas atópanse retratos, caricaturas e figuracións centradas no intelectual lucense. Algunhas das obras foron feitas a partir de “apuntamentos tomados do natural”, segundo aclarou Siro, mais a maioría naceron da evocación e dos recordos do artista sobre a figura do seu amigo.

Esta exposición enmárcase dentro das iniciativas levadas a cabo polo Centro Ramón Piñeiro, a través de Política Lingüística, para celebrar o ano do escritor de Láncara, autor homenaxeado no pasado Día das Letras Galegas.


R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información