Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

El Centro Dramático Galego estrena en Santiago de Compostela su nueva obra: As dunas

Nota de prensa remitida por Agadic (Xunta de Galicia):

O Centro Dramático Galego (CDG) estrea o venres día 6 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago As dunas, obra escrita ad hoc por Manuel Lourenzo –Premio Nacional da Cultura Galega 2008 na categoría de Artes Escénicas– e dirixida por Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos nesta nova produción da compañía pública á que ambos se refiren como “un cabaré sobre o paraíso perdido”, unha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo.

Proposto polo propio Manuel Lourenzo para levar a escena a súa obra, Quico Cadaval
recunca no CDG tralo éxito acadado a pasada temporada con Noite de Reis. Nesta
ocasión, o polifacético director ideou unha montaxe de teatro, danza e música en
directo, para a que conta cun elenco multidisciplinar do que forman parte tanto
nomes consagrados como novos valores da escena galega: Paula Buján, Evaristo
Calvo, Paulo Oliveira, Manuel Cortés, Susana Dans, Christian Escuredo, Juan Carlos
Mosquera “Mos”, Iria Pinheiro, Rodrigo Roel e Davide Salvado. Completan o equipo
artístico Baltasar Patiño, no deseño do espazo escénico e da iluminación, Gilda
Bonpresa (vestiario), Armando Martén (coreografía), Bernardo Martínez (espazo
sonoro) e Hugo Torres como axudante de dirección.

A estética do espectáculo inspírase na cultura popular dos anos setenta,
especialmente nos filmes da chamada terceira vía (a medio camiño entre o cine
chabacano e o intelectual), no cómic, na telenovela e na fotonovela. O resultado, en
palabras do propio director, é “unha especie de pastiche cun pouco de aventura, un
pouco de crítica política, un pouco de sexo e un pouco de risa”.

A acción transcorre na Mariña luguesa, nunha nave industrial en desuso onde son
convocados polo construtor Florencio Pardo, a gobernanta Lola, o intendente Serapio,
o empregado Calí Caiate e unha tropa estrafalaria de músicos, bailaríns e cantantes
para animar a inauguración do free spa “As dunas”, un moderno balneario musical
que terá como destinatarios a “amantes de praceres prolongados” e integrará
actividades que van dende o relax ao goce musical pasando por “todo tipo de
refinados praceres do corpo”.

Para rexentar este gran complexo turístico-musical, o empresario contrata unha antiga
noiva da xuventude, Lola, muller entrada en carnes, disposta e realista, que ademais
lle segue querendo. A moza é moi hábil para controlar a Pardo, para rexentar o local e
para se entender cos músicos. Coa chegada destes á nave, asistimos á presentación
das súas vidas, das súas esperanzas, frustracións, soños e angustias. Así, sabemos
dos amores homosexuais entre Serapio (home xa maduro e descrido) e Milo (mozo
depresivo, pusilánime e torturado); das dotes musicais e amatorias do inmigrante Cali
Caiate (caboverdiano residente en Burela, ou burelao con orixes caboverdianas); e das
relacións de amor e celos entre Cristian, Eva, Melo, Lucinda e Helio, personaxes que
se moven entre a esperanza nun futuro incerto e a prosaica realidade.

As dunas permanecerá no Salón Teatro até o xoves 2 de abril con cinco funcións
semanais: os mércores e xoves ás 11.00 horas (agás os días 18 e 19) celebraranse
as representacións concertadas con centros de ensino, mentres que os venres e
sábados ás 20.30 horas e os domingos ás 18.00 horas terán lugar as funcións para
público xeral. As entradas poranse á venda no despacho de billetes do Salón Teatro
dende dúas horas antes do inicio do espectáculo. Tamén poden adquirirse na billeteira
electrónica a través do teléfono 902 43 44 43 ou da web www.caixagalicia.es. O
prezo das localidades é de 10 euros os venres e sábados (cun desconto do 40% para
estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados) e de 5 euros o
domingo, día do espectador.

Tralas funcións en Santiago, o CDG iniciará a xira galega deste espectáculo que se
prolongará até o mes de maio e durante a visitará O Barco de Valdeorras (Teatro
Lauro Olmo, 17 de abril), A Coruña (Teatro Rosalía, 24 e 25 de abril), Vigo (Centro
Cultural Caixanova, 29 e 30 de abril), Tui (Teatro Área Panorámica, 8 e 9 de maio),
Vilagarcía de Arousa (Auditorio Municipal, 14 e 15 de maio), Ourense (Teatro
Principal, 22 e 23 de maio), Narón (Pazo da Cultura, 29 e 30 de maio) e Ferrol
(Teatro Jofre, 13 de xuño).
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información