Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

El Catálogo de Actores y Actrices de Galicia 2008, seleccionado para el libro Web Design by Content 4.0

Nota de prensa remitida por la Asociación de Actores e Actrices de Galicia:

O catálogo on-line da Asociación de Actores e Actrices de Galicia,
logo dun período de proba na páxina web da AAAG, principia o seu
lanzamento con diversos actos dirixidos ós medios, institucións e
empresas do sector audiovisual e das artes escénicas. Logo da súa
presentación en rolda de prensa, na sede da Asociación, na
que participaron representantes dos actores e actrices (Vicente
Montoto e Camila Bossa), da Dirección Xeral de Comunicación (Manuel J. Fernandez Iglesias), do Consorcio Audiovisual de Galicia (Nacho
Varela) e de AISGE (Isabel Blanco), está programado un acto dirixido
ás empresas do audiovisual e das artes escénicas o 4 de
decembro na Coruña, no Cultur.gal 08.

Informouse que as opinións recollidas neste tempo de directores e
directoras de cine, de TV e de casting confirman a percepción que se
tiña desde o inicio da xestación deste catálogo, recoñecido como unha
ferramenta orixinal, innovadora e de grande utilidade na promoción dos
actores e actrices, que facilita o traballo enormemente ás produtoras.

Un dos valores engadidos do catálogo on-line é o de estar deseñado
para a súa actualización permanente. As fotos, os vídeos de cada
ficha, e os currículos, poden ser renovados e postos ó día
constantemente. Todo elo implica evidentemente un esforzo
organizativo, de persoal, e por tanto económico, para a AAAG e para as
entidades que fixeron posible este proxecto.

Sinalouse que a pesar da complexidade técnica e de xestión desta
ferramenta, foi posible alumeala gracias a todos, e especialmente ás
entidades que están comprometidas con esta iniciativa xunto á AAAG: a
Dirección Xeral de Comunicación, o Consorcio Audiovisual de Galicia e
AISGE.

O catálogo, xa integrado na páxina web da Asociación, www.aaag.es, é
visualizado por miles de visitantes, que no futuro, consideran os seus
responsables, verase incrementado cando se dea a a coñecer en tódolos
centros de xeración de traballo para actrices e actores. Coa edición
dun libro que xunto as fotos leva un CD, ponse a disposición do
sector, e dos medios de comunicación, un valioso material.

O Catálogo de Actores e Actrices 2008 da AAAG foi
seleccionado para o libro Web Design by Content 4.0 que sairá
publicado a principios do ano 2009.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información