Casi un centenar de cursillistas visitan el Museo y Castro de Viladonga
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/Viladonga.jpg)
Os participantes no curso de actualización sobre a romanización de Galicia "Do Castro a Cidade. A Romanización na Gallaecia e na Hispania Indoeuropea", celebrado en Lugo, desenvolveu unha das súas sesións no Museo e Castro de Viladonga.
Cerca de 90 participantes asistiron á conferencia da directora Elena Varela Arias, "Organización do espazo no Castro de Viladonga", e a unha visita as instalacións do Museo.
No xacemento recibiron as explicacións do arqueólogo Emilio Ramil, responsable nas actuais excavacións arqueolóxicas no Castro, e do restaurador Gonzalo Buceta, encargado da campaña de conservación e restauración no barrio central da croa do Castro. A sesión rematou cunha visita guiada polo xacemento, acompañados polo personal técnico do Museo.