Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Más de 400 expertos se reúnen en Santiago para debatir sobre la investigación en comunicación

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación Congreso AE-IC:

O profesor emérito da Universidade de México D.F., Nestor García Canclini, inaugurou o congreso “I+C Investigar la comunicación”, que se celebra do 30 de xaneiro ó 1 de febreiro na facultade de Ciencias da Comunicación. Este evento actúa tamén como acto fundacional da AE-IC, Asociación Española de Investigadores da Comunicación, presidida polo catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona Miquel de Moragas e que conta con outros moitos investigadores de ampla proxección como Margarita Ledo, que presidirá o congreso. Ademais estiveron presentes o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo.

Canclini, especialista na comunicación iberoamericana, explicou que “a revolución dixital que estamos vivindo crea beneficios como o acceso directo e simultáneo á información vai democratizar a educación e mellorar o benestar da maioría. Por outra banda, a nivel político medran as oportunidades de participación provocando a descentralización na toma de decisións”.

Experto nos efectos das novas tecnoloxías nas distintas culturas, o profesor Canclini, recoñece que cada sociedade e cada nación ten dereito ao seu propio modo de vida e se pensamos na información e no coñecemento como parte das relacións entre culturas pasamos a concibir de xeito diferente as relacións entre oriente e occidente ou diferenzas xeneracionais.

Outro dos temas dos que tratou na conferencia inaugural é o efecto globalizador das novas tecnoloxías e a repercusión que este ten na sociedade. Neste senso, destaca que “os mozos toman conciencia de que pertencen a unha rexión máis ampla que a do seu propio país, sen perder o seu sentimento de pertenza étnica”. Sen embargo, subliña que un dos obstáculos deste fenómeno é a desigual participación das diferentes culturas dependendo do nivel económico de cada país.

En tres días pasan pola facultade un cincocentos poñentes de máis de 25 países. Deste xeito os temas dos que falarán serán a sociedade da información e da a creatividade na produción de contidos. Na primeira das poñencias estarán presentes Raúl Trejo (México), Imma Tubella (Cataluña), Tapio Varis (Finlandia) e Xosé López (Galicia). Mentres, na segunda falarán Elisabeth Cowie (Reino Unido), Jorge Paixao da Costa (Portugal) e Regine Debatty (Bélxica). Xa pola tarde haberá dúas sesiós especiais nas que se repasará as últimas seis décadas de investigación en España e estado da cooperación entre estudosos españois e latinoamericanos.

Unha das novidades máis destacadas é que as sesións que se desenvolven no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación vanse retransmitir en directo, a través da páxina web www.aeic2008santiago.org.

R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información