La Biblioteca Pública de Santiago albergará 60.000 títulos y tendrá capacidad para 300.000
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/visita_biblioteca.jpg)
La visita, a la que no asistió la conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, por encontrarse de vacaciones, contó con la presencia del delegado del Gobierno en Galicia, Manuel Ameijeiras; del presidente de la Diputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda; y del alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, entre otros.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o ministro de Cultura, César Antonio Molina, visitaron a nova sede da biblioteca pública do Estado en Santiago de Compostela, na que o Ministerio de Cultura investiu un total de 9.530.973 euros, contando a execución da obra, o equipamento e o mobiliario. Trátase dunha infraestrutura cultural pioneira en Galicia, ao ser a primeira biblioteca pública da comunidade que conta cun sistema de control de fondos por radiofrecuencia.
Segundo manifestaron o presidente galego e o ministro de Cultura esta infraestrutura vaise pór en funcionamento de xeito “inmediato”, nun período de tempo “moi breve” co fin de dar resposta ás crecentes necesidades e demandas da cidadanía compostelá e galega. “A nova sede da biblioteca responde ás crecentes necesidades e esixencias dunha cidade que experimentou unha importantísima transformación nos últimos vinte e cinco anos, desde o nacemento da Autonomía galega e desde a súa consagración estatutaria como sede da capitalidade de Galicia”, explicou Pérez Touriño, insistindo en que Santiago precisa ter unha infraestrutura cultural coma esta, “digna, funcional e fermosa”, para satisfacer as demandas dunha poboación cunha “ampla vinculación” coa universidade.
Na súa intervención, o xefe do Executivo autonómico amosou tamén a súa confianza en que a nova biblioteca pública sirva para incrementar os índices de lectura na comunidade galega.
A este respecto, Emilio Pérez Touriño lembrou que o Goberno que preside puxo en marcha, “por primeira vez na historia da Autonomía”, un plan integral de fomento da lectura. Un plan que, engadiu, “vai máis alá da realización de campañas puntuais”, xa que está dotado con 30 millóns de euros ata o ano 2011 e cuxo obxectivo é incrementar os índices de lectura na comunidade e fortalecer a presenza do libro na sociedade galega.
Xunto con isto, destacou que Galicia participará como invitada na Feira do Libro da Habana, que se celebrará en febreiro, e que ten en marcha “importantes iniciativas culturais” para o fomento do libro e a lectura como a creación da Axencia Galega de Industrias Culturais.
Así mesmo, o presidente galego resaltou que a nova biblioteca é unha mostra máis da importancia da colaboración entre a administración estatal e autonómica. Como proba disto sinalou a recente creación de organismos como o Observatorio da Lectura e o Libro, o Consello de Cooperación Bibliotecaria ou o Plan de Dixitalización das Bibliotecas Públicas do Estado, que lembrou, “foi anunciado hai pouco nesta mesma cidade polo ministro, durante a celebración da Conferencia Sectorial de Cultura”.
Na mesma liña insistiu o ministro César Antonio Molina, quen subliñou que o Ministerio que dirixe está a facer “un grande esforzo por facilitar medios ás bibliotecas públicas de todo o territorio nacional, transferindo cantidades importantes para a adquisición de fondos bibliográficos”. Deste xeito, engadiu o ministro, “á comunidade autónoma de Galicia transferiuse o pasado ano 1.308.017 euros, parte dos cales servirían para dotar de novos fondos á biblioteca pública de Santiago”. Así mesmo o Ministerio de Cultura investiu nesta biblioteca 12.000 euros para a compra de libros en 2007.
Na súa intervención o ministro de Cultura tamén se referiu a outras accións “singulares” que o Goberno do Estado quere desenvolver en Galicia no que a materia cultural se refire. A este respecto explicou que se están a desenvolver conversas para construír un novo arquivo histórico provincial na Coruña; para potenciar os contidos da Fundación Casares Quiroga e para construír unha biblioteca pública en Vigo e continuar a de Ourense.
Segundo relatou o ministro, a nova biblioteca pública de Santiago terá capacidade para preto de 300.000 volumes, 17.000 publicacións periódicas, 140.000 unidades audiovisuais, ademais doutros materiais como microformas, gravados, mapas e planos, entre outros.
O novo edificio, situado na Avenida Xoán XXIII, é un proxecto do arquitecto Andrés Perea e de Roberto Medín. Conta con máis de 5.809 metros cadrados, distribuídos en cinco andares e un soto. Deste xeito, o edificio dispón dun primeiro andar que estará dedicado á sección infantil e contará cunha capacidade para 30.000 documentos; un segundo que albergará a área de fondos xerais e capacidade para 100.000 documentos e distinto material audiovisual; un terceiro andar que estará destinado á consulta de documentos e no que haberá un espazo específico para os fondos especializados na cidade de Santiago; e un cuarto andar que se destinará a traballo do propio centro.
A nova biblioteca pública contará con 529 postos para lectura e para participar en distintas actividades culturais, acceder a internet, visionar películas ou consultar a prensa diaria.
Ademais, constitúe o quinto centro co que a Rede de Bibliotecas Públicas do Estado conta na comunidade galega, que se virá a sumar aos máis de 50 existentes en todo o Estado. A súa xestión corresponderá á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
R.