La muestra del Museo de Arte Contemporáneo de Vigo Tempo ao Tempo, seleccionada entre las mejores del año en España
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Museo de Arte Contemporáneo (Marco) de Vigo:A exposición TEMPO AO TEMPO, a mostra conmemorativa do 5º aniversario do MARCO, acaba de ser seleccionada entre as dez mellores exposicións do ano 2007 en España, segundo o balance que cada ano por estas datas publica a revista EL CULTURAL. O xurado estivo composto por 12 críticos de arte, e o resultado sitúa á mostra TEMPO AO TEMPO nun lugar destacado entre exposicións de varios museos e centros de arte de Madrid e Barcelona.
A exposición TEMPO AO TEMPO, que excepcionalmente ocupa todos os espazos do edificio do MARCO, permanece aberta ao público ata o 17 de febreiro de 2008. A través dunha selección de artistas e obras —varias delas producidas especificamente para esta exposición— analízase, dende unha perspectiva crítica, a obsesión actual polo paso do tempo, a memoria, e o sentido ou o peso da historia. Tantas visións ou interpretacións do tempo como artistas representados na mostra —34 en total— na obra dos cales o tempo está presente non como algo anecdótico, senón dun modo constante.
O xurado estivo composto polos seguintes expertos: José Luis Clemente, Ramón Esparza, Abel H. Pozuelo, Javier Hontoria, José Marín-Medina, Mariano Navarro, Pilar Ribal, Jaume Vidal Oliveras, Elena Vozmediano, David G. Torres, Rocío de la Villa, e David Barro.
Baixo o título Lo mejor del año, o semanario EL CULTURAL destaca, xunto á mostra TEMPO AO TEMPO, a individual de Luis Gordillo (MNCARS), Un teatro sin teatro e Janet Cardiff & George Bures Miller (MACBA, Barcelona); Warhol sobre Warhol (La Casa Encendida, Madrid), Durero y Cranach (Museo Thyssen y Fundación Caja Madrid), Las fábulas de Velázquez e Tintoretto (Museo del Prado); Momentos estelares de la fotografía (Círculo de Bellas Artes e Canal de Isabel II, Madrid), e a mostra Intocable. El ideal de la transparencia (Museo Patio Herreriano, Valladolid).
R.


