La soprano Simone Kermes inaugura el Festival de Música Via Stellae
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/simone_kermes.jpg)
A su vez, el miércoles 4 de julio, comienzan los llamados conciertos exprés encuadrados dentro de la programación del festival. El primero está protagonizado por los compostelanos Mercedes Hernández y Fernando Reyes y se celebra en el Hostal de los Reyes Católicos a las 18.00 horas con entrada libre.
También el miércoles se estrena la primera ópera de la programación, en este caso el Orfeo Dolente de Domenico Belli, que corre a cargo de Le Poeme Harmonique y Vicent Dumestre, en el Teatro Principal a las 21.00 horas.
Nota de prensa remitida por la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:
Un programa monográfico dedicado a Mozart inaugura mañá a segunda edición do Festival Via Stellae: arias e oberturas de ópera e unha sinfonía de Mozart conforman un interesante e variado programa que estará servido por artistas de primeiro nivel internacional como a soprano Simone Kermes e o director Rinaldo Alessandrini.
A soprano alemá Simone Kermes, que xa participou con notable éxito de crítica e de público na primeira edición do Via Stellae, volve a Santiago para inaugurar a o festival do 2007 cantando arias de ópera de Wolfgang Amadeus Mozart. Mozart namorado das sopranos titúlase este concerto inaugural no que Kermes prestará o seu temperamento e a súa voz a heroínas operísticas mozartianas como Electra (Idomeneo, re di Creta), Konstanze (O rapto no serrallo), dona Ana (Don Giovanni), Giunia (Lucio Silla) e Vitellia (La clemenza di Tito).
A orquestra compostelá da Real Filharmonía de Galicia acompañará á soprano dirixida por Rinaldo Alessandrini neste concerto, que terá lugar no Auditorio de Galicia. O director romano fundador de Concerto Italiano volve a Santiago para dirixir a esta orquestra compostelá de instrumentos modernos nun programa que se completa con oberturas de óperas mozartianas e a Sinfonía nº 25 en sol menor K 183 do xenial mestre salzburgués.
O Festival Via Stellae, que propón actividades case que a diario, programou para o seu segundo día, o mércores 4 de xullo, o primeiro dos Concertos Exprés protagonizado polos compostelás Mercedes Hernández e Fernando Reyes no Hostal dos Reis Católicos ás seis da tarde. A entrada a este concerto é de balde. Doutra parte, mañá mércores celebrarase tamén a primeira das óperas que o festival estreará nas próximas semanas. Santiago de Compostela acollerá as estreas, en territorio estatal, de tres óperas (dúas en versión de concerto e unha representada) e unha zarzuela barroca durante este Festival Via Stellae. A primeira será o Orfeo Dolente de Domenico Belli a cargo de Le Poeme Harmonique e Vincent Dumestre, que terá lugar no Teatro Principal mañá ás nove da noite.
Esta estrea en España do Orfeo Dolente estará precedida dunha primeira parte que, baixo o título Sospiri d_amanti (Suspiros de amantes), inclúe obras de Claudio Saracini e Giulio Caccini que crearán o ambiente axeitado para recibir a ópera de Belli. A agrupación Le Poème Harmonique, que debuta en Galiza, foi fundada en 1997 polo francés Vincent Dumestres, un artista cunha dilatada experiencia na música antiga. Le Poème Harmonique é constantemente louvada e galardoada pola súa singularidade e orixinalidade, sempre buscando a recuperación de compositores innovadores no seu tempo (como é o caso de Belli e o seu Orfeo Dolente, probablemente moderno para o seu tempo), a través da conexión interpretativa, expresiva e poética de música e texto.
Ao acto de inauguración asistirá Ignacio Rodríguez Eguíbar, xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, entidade da Consellaría de Innovación e Industria que promove este encontro por segundo ano consecutivo en Compostela e en moitas das vilas polas que discorren os Camiños de Santiago.
R.