La Coral del Hospital Xeral-Calde participa en la celebración del centenario de la fundación del Centro Gallego de Buenos Aires
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/coral_hospitalxeral_argenti.jpg)
Nota de prensa remitida por la Coral del Hospital Xeral-Calde de Lugo:
Regresou de Arxentina a primeira quenda de membros da Coral Hospital Xeral/Calde, que preside Edelmiro Ulloa Rodríguez, despois de ofrecer tres extraordinarios concertos na cidade de Buenos Aires e na súa entorna. A xa veterana Coral lucense foi
invitada polo Centro Galego para inaugurar unha serie de actividades culturais que van celebrar durante o ano 2007, co gallo da conmemoración e celebración do centenario da súa fundación.
Ademais da espléndida actuación no famoso Teatro Castelao do Centro Galego de Belgrano fixérono tamén antes no Centro Galiza e na Residencia Fogar de Domselar (San Vicente) que acolle, en réxime de internado, a medio cento de galegos e galegas (13 deles da provincia de Lugo) maiores de 82 anos, que reviviron unha morea de lembranza se sentimentos.
As numerosas persoas da colectividade galega e de porteños que
asistiron ás actuacións quedaron gratamente impresionadas polo
acertado repertorio, pola súa presentación e pola maxistral execución tanto no tocante á mostra de música popular galega e pasaxes clásicas de zarzuela como pola interpretación da música sudamericana, con tango incluído. A pesar do cambio de horario e o cansazo acumulado despois da longa viaxe, o coro soubo responder extraordinariamente ben dirixido polo talento, mestría e forza do seu director Fernando G. Jácome, coa brillante colaboración do pianista vilalbés Aurelio Chao e a soprano Irina Bunkoba. Foron presentados, en galego e en castelán, polas veteranas locutoras Tonina, da SER de Lugo, e Rosa, de RNE de
Monforte.
Outro fermoso e modélico xeito de visitar América e de encher de
ledicia aos nosos veteranos emigrantes. A súa acollida, felicidade e agradecemento, reflectidos nas súas chorosas facianas, compensaron amplamente o esforzo (mesmo económico) desta nosa, sempre altruísta, agarimosa e mesmo desinteresada embaixada cultural lucense.
R.