La Real Academia Galega (RAG) recibe la Medalla de Oro de Lugo
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/lugo_medalla_ciudad_rag.jpg)
Distinguir la labor realizada por la RAG a favor del gallego es el principal objetivo de este galardón que el presidente de la Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, reicibió en un acto celebrado en el salón de plenos de la Casa Consistorial.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Concello de Lugo:
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, entregou, nun acto solemne, a Medalla de Ouro da moi Nobre e moi Leal Cidade de Lugo ó Presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, en conmemoración do centenario desta institución e no día no que se celebra o 6º aniversario da Declaración da Muralla Patrimonio da Humanidade. Na reunión celebrada pola Xunta de Voceiros o pasado 30 de agosto acordouse por unanimidade dos tres grupos e a iniciativa do Alcalde outorgar esta Medalla.
O Concello concedeu esta distinción pola defensa do idioma galego que a Real Academia Galega (RAG) ten realizado desde a súa fundación e, extensivamente, como homenaxe a todos os que traballaron a prol da lingua e cultura galegas. A Medalla de Ouro é a máxima distinción que o Concello pode outorgar ós cidadáns e concédese só en casos excepcionais: “o noso don máis preciado”, dixo o Alcalde.
O Presidente da Real Academia Galega estivo acompañado por varios académicos. En primeiro lugar, Xosé Ramón Barreiro asinou no Libro de Ouro da cidade no Despacho da Alcaldía. A continuación, no Salón de Plenos, o Alcalde deu a benvida ós invitados, procedeu á lectura da acta de acordo da concesión da Medalla e explicou os motivos que fan merecedora á RAG da máxima distinción da cidade. “Lugo séntese honrado ó saber que estamos en boas mans e que o traballo da Real Academia vai continuar”, afirmou López Orozco. O Alcalde explicou que “nunca o idioma en Galicia serviu para separar, senón para unir. Aquí cabemos todos”.
Pola súa banda, o Presidente da Academia agradeceu este importante recoñecemento e destacou: “estamos no bo camiño. A Real Academia defende ata a extenuación a fala e a cultura galega pero mantén unha neutralidade exquisita desde o punto de vista político. A vosa actitude confírmanos que estamos no bo camiño”. Barreiro lembrou as diferentes etapas históricas nas que diferentes lucenses xogaron un destacado papel na RAG, así como unha velada literaria que tivo lugar na Casa Consistorial.
A continuación o Alcalde impúxolle a Medalla ó Presidente da RAG e fíxolle entrega do título acreditativo desta distinción. Os once académicos asistentes recibiron tamén unha reproducción deste título.
Neste acto, que tivo lugar no Salón de Plenos diante a Corporación Municipal, participaron cincuenta persoas entre autoridades provinciais, representantes de entidades e asociacións culturais da cidade, así como escritores e outros representantes do municipio.
O día 30 de setembro de 1906 ficou oficialmente constituída a Real Academia Galega despois dunha longa prehistoria na que participara activamente o noso veciño Aureliano J. Pereira. Esta persoa propuxera a creación dunha Academia Galega en artigos moi divulgados polo menos xa en 1878. Pero foi necesario que se creara na Habana, en xuño de 1905, a Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega para que a vella idea galeguista acabase consolidándose.
Como académicos fundadores figuraron dous lucenses: o xornalista e escritor José Vega Blanco e o xeneroso médico, poeta e etnógrafo Jesús Rodríguez López. Pouco a pouco uniríanse ós académicos Amador Montenegro, Trapero Pardo, Ánxel Fole... Ó longo da súa centenaria historia, a Academia pasou por diversas vicisitudes ata que nos anos 60 fan rexurdir a Academia, especialmente no 1963, cando se celebra por primeira vez o Día das Letras Galegas. Xa na democracia, foi recoñecida como autoridade para a normativización do idioma galego e, progresivamente, está a aumentar a súa influenza social.
Ademais deste acto solemne, esta tarde quedarán clausuradas as xornadas de arqueoloxía que organizou o Concello de Lugo e o CETUR. Tamén terá lugar ás oito e media da tarde o concerto de Amancio Prada no Círculo das Artes. O aforo é libre ata que se complete.
R.