El Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (Marco) acoge la actividad interactiva Paisaje sonoro de Vigo
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/marco_paisaxe_sonoro_vigo.jpg)
Precisamente, en esa dirección el usuario podrá dejar registrados más sonidos de la urbe, a través de un software de libre acceso y sencillo de utilizar. «Ahora le pasamos el relevo a los habitantes de Vigo», comentó Longina, que insistió en la importancia que los ciudadanos consideren esta muestra interactiva en su «patrimonio sonoro». «Paixase sonoras de Vigo es, para los participantes del proyecto, un ejercicio necesario y saludable, ya que durante su elaboración se grabaron sonidos en diferentes lugares de la ciudad viguesa y que sus habitantes reconocen como parte de su identidad.
El principal objetivo de esta exposición interactiva es "fomentar el fenómeno sonoro", subrayó Longina. Según el coordinador, esa «gran caja acústica» que es Vigo se encuentra «cerrada» por los montes del Castro y A Guía, que sirven una especie de «amplificadores» del sonido y de «contaminación» acústica «para nada negativa». Longina aseguró que elementos como las cuestas de Vigo o el ruido de la zona industrial de la urbe aporta «sonidos muy propios» que, sin duda, diferencian la ciudad con otras localidades gallegas y del resto de España.
En la actualidad, Vigo cuenta con una media de ruido en cuanto a decibelios se refiere de un 34%, frente al 11,3% de Ourense o el 11,5% de Lugo. Sin embargo, la media viguesa empata con el ruido registrado en Madrid.
La muestra puede visitarse en la sala perimetral del museo vigués durante los cuatro días que puertas abiertas que terminan el domingo 19 de noviembre.
Nota de prensa remitida por el Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (Marco)
Un achegamento ao son dun lugar determinado é unha aproximación ao seu patrimonio e unha vía para a súa conservación. O son é parte do patrimonio cultural inmaterial. Percibir, comprender e concibir a identidade sonora dos lugares e das xentes, a súa coherencia e idiosincrasia, é un exercicio necesario e saudable.
No obradoiro titulado PAISAXES SONORAS DE VIGO graváronse sons en distintos lugares da cidade, tratando de atopar aqueles que lle son propios; os que os vigueses recoñecen como tales, e que axudan a construír a súa identidade. O obradoiro forma parte dun proxecto máis amplo, dunha xira do proxecto Escoitar.org por distintas cidades de Galicia e de España.
A exposición interactiva que se exhibe nesta sala é resultado da reflexión e do traballo desenvolvidos no obradoiro de Vigo, que tivo unha duración de sete días, incluídas varias sesións teóricas e de traballo de campo.
Tanto o obradoiro como os seus resultados constitúen só un primeiro achegamento e sensibilización sobre a Paisaxe Sonora de Vigo, sobre o son como patrimonio cultural inmaterial desta cidade.
Agora pasámoslle o relevo aos habitantes da cidade —os oíntes— para que colaboren na construción do que consideren o seu “Patrimonio Sonoro”: o equipo de Escoitar.org, en colaboración co MARCO, lanza a través destas liñas unha convocatoria de participación para que a cidadanía e calquera persoa interesada poida colaborar co proxecto a través da web www.escoitar.org, rexistrando sons da cidade e incorporándoos a un mapa aéreo de Vigo a través dun software de libre acceso moi sinxelo de manexar.
TEXTO DO EQUIPO DE Escoitar.Org
“A obsesión occidental por favorecer os aspectos visuais da cultura provocou o menosprezo doutras capacidades perceptivas, como o oído, relegando a un segundo plano aquelas experiencias existenciais consideradas menos significativas, en gran parte, polo seu carácter efémero. No século XX asistimos a un crecente interese polo fenómeno sonoro máis aló da música e da física acústica, no que os sons medioambientais revélanse como un interesante obxecto de estudo interdisciplinario (antropoloxía, ecoloxía sonora, bioacústica, ciencias cognitivas, arquitectura, creación artística...) Ben sexan naturais ou unha construción produto do funcionamento das sociedades modernas, os sons que nos rodean forman parte inevitable das nosas vidas e da nosa memoria colectiva, presentándose como un material inestimable para a comprensión das culturas e as sociedades que os producen, os utilizan ou os perciben. Por esta razón, a actitude dun lugar cara ao son non só debe ser positiva, senon que se debe estudar para identificar aqueles compoñentes que paga a pena conservar, ou mesmo restaurar. Unha aproximación ao son dun lugar é un achegamento ao seu patrimonio inmaterial, que se pode recoller con fins estrictamente documentais, ou —no caso de Escoitar.org— como materia bruta para a posterior análise cultural, para a creación artística e para suscitar debate e cooperación na rede”.
“Os sons son materias non renovables e o feito de capturalos e expoñelos supón un alongamento da súa vida, xerando novos espazos vivos e mutantes (...) Atopar o equilibrio bioacústico dun lugar, crear retratos ou “Postais Sonoras”, construír un mapa de situación (online) e unha descrición destes lugares a través da súa paisaxe sonora, contribúe á construción da identidade dunha zona xeográfica; o son como patrimonio, o son como documento histórico. Todo grazas ás posibilidades que ofrece a rede como sistema horizontal e democrático. Con este fin desenvolveuse un software adicado á publicación libre de paisaxes sonoras (Social Soundscapes) que permite participar a calquera usuario, subir audio ao sistema e colocalo automaticamente no lugar xeográfico no que foi gravado (o patrimonio sonoro consensuado), a través de Escoitar.org; un proxecto libre, colaborativo e aberto baseado na API de Google-Map”.
R.