El Igaem destina 11.500 euros a los premios del IV Certamen de Creación Coreográfica de Galicia
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/logo_igaem_nuevo.jpg)
El jurado, que está integrado por profesionales de la danza, realiza una preselección de trabajos candidatos a los premios, que se exhibirán en el Salón Teatro de Santiago de Compostela el día 25 de noviembre, en una gala en la que también se dará a conocer el nombre de los premiados.
El primer premio a la mejor coreografía recibirá 4.000 euros y tendrá la posibilidad de exhibir su obra dentro de la programación que promueve a nivel estatal la Federación de Asociaciones de Profesionales de la Danza. La coreografía clasificada en segundo puesto recibirá 2.500 euros de premio y la tercera 2.000 euros, mientras que se establecerá un cuarto galardón de 1.500 euros para el bailarín o bailarina destacado, así como la posibilidad de conceder una mención especial por otros 1.500 euros.
Nota de prensa remitida por el Igaem:
O IV Certame de Creación Coreográfica de Galicia que convoca o IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) mantén aberto o prazo de admisión de propostas candidatas até o vindeiro luns, 18 de setembro. Cunha
dotación económica de até 11.500 euros en premios para un máximo de cinco distincións, o certame organízase como plataforma de exhibición de novas creacións co obxectivo de incentivar a actividade profesional neste sector artístico, así como a investigación, a innovación e as postas en escena imaxinativas.
Dirixido a todos os coreógrafos e coreógrafas, calquera que sexa a súa nacionalidade, os interesados deben remitir as súas creacións conforme ao formato e demais documentación que se especifica nas bases xerais do certame. Así, por exemplo, as obras haberán de ser orixinais, interpretadas por un elenco de 3 a 6 bailaríns/inas e estreadas durante 2006.
Un xurado integrado por profesionais da danza realizará unha preselección de traballos candidatos aos premios, que serán exhibidos sobre o escenario do Salón Teatro de Santiago de Compostela o vindeiro 25 de novembro, día no que se darán a coñecer os gañadores. O xurado baseará a súa decisión final en criterios como a orixinalidade, a capacidade de invención, a innovación e risco das propostas, o manexo da linguaxe coreográfica e a utilización do espazo escénico e dos seus elementos.
O IV Certame de Creación Coreográfica de Galicia poderá entregar até un máximo de cinco distincións. Así, o primeiro premio está dotado con 4.000 euros, ademais de contemplar a posibilidade de que a obra gañadora se exhiba dentro da programación de coreografías galardoadas que promove a nivel estatal a Federación de Asociaciones de Profesionales de la Danza.
As bases establecen, así mesmo, galardóns para as dúas seguintes coreografías
finalistas (2.500 euros para a segunda clasificada e 2.000 euros para a terceira).
Contémplase, ademais, un cuarto premio de 1.500 euros ao bailarín ou bailarina
destacado, así como a posibilidade de conceder a maiores unha mención especial por outros 1.500 euros.
O IGAEM fundou o seu Certame de Creación Coreográfica en 2003, ano no que
resultaron gañadores Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz coa obra Alento; e Bárbara
Monteagudo con Era. Dolores Mayán recibiu unha mención especial do xurado por MIT.
Na segunda edición, correspondente a 2004, os primeiros postos foron para Eva
Bertomeu coa obra Femme. Mujer en tres colores (1º premio), Dolores Mayán con Quid est mulier? (2º premio) e Mercedes Suárez con O calar do tempo (3º premio). Miguel A. Ponte, integrante da compañía Druída Danza, foi recoñecido como o bailarín máis destacado e o xurado concedeu unha mención especial para o traballo de Rafael Linares e a súa obra Completo.
Miguel Azcúe coa coreografía Desierto adxudicouse o primeiro premio do certame en 2005, en tanto que o resto de galardoados foron Damián Muñoz e Experimenta Danza con Meltemi (2º premio) e Maruxa Salas con Didenoi (3º premio). O pasado ano o xurado decidiu outorgar unha mención especial á coruñesa Mercedes Suárez por O anxo exterminador, e recoñeceu á ourensá Maruxa Salas como a intérprete máis destacada.
R.