Kalandraka edita la primera colección de ópera infantil en gallego con obras de Mozart y Verdi
La editora gallega Kalandraka edita la primera colección de ópera en gallego para niños con las obras Aída, de Verdi, y A frauta máxica, de Mozart. Con esta nueva colección Kalandraka cierra la celebración del mes de las Letras Gallegas y también conmemora el 250 aniversario del nacimiento de Mozart.Cada uno de los libros editados contiene un CD con fragmentos de las obras musicales, una breve biografía del autor y una adaptación del libreto con ilustraciones realizadas por Jordi Bulbena y Josep María Rius, "Joma".
Nota de prensa remitida por Kalandraka:
KALANDRAKA EDITORA despide o mes das Letras Galegas coa publicación da primeira colección de ópera en galego para nen@s. Os primeiros títulos son “Aida”, de Verdi, e “A frauta máxica”, de Mozart, no ano no que se conmemora o 250 aniversario do nacemento deste compositor. Cada libro contén un CD con fragmentos das obras musicais, unha adaptación do libreto con ilustracións realizadas por Jordi Bulbena e Josep María Rius ‘Joma’, respectivamente, así como unha breve biografía do autor.
Trátase dunha aposta que dende a editorial pontevedresa consideran pioneira no mercado editorial infantil e xuvenil, á que se engade o valor pedagóxico desta colección como canle para achegarlles aos lectores máis novos un xénero artístico co que teñen escaso contacto a idades temperás.
KALANDRAKA xa ten experiencia na edición de libros musicais a través da colección ‘Sondeconto’, unha serie de álbumes nos que colaborou a Orquestra Sinfónica de Galicia. Recentemente ampliárase o catálogo cunha obra na que se interpretaba música de jazz. A publicación de “Aida” e “A frauta máxica” en galego -e simultaneamente tamén en portugués- é froito do traballo conxunto coa editorial catalana Hipótesi, especializada en libros de ópera.Outra das novidades que KALANDRAKA presenta como colofón a este mes de maio é o álbume titulado “A banda de Vilacendoi”, escrito e ilustrado por Xulio Gayoso. Este mestre de Lugo afincado en Cambados conta a historia real dunha agrupación musical que existiu nunha aldea lucense á que o autor estivo vencellado na súa nenez. O libro presentarase no Centro Comarcal do Salnés o vindeiro mércores 31 de maio e ao día seguinte na Biblioteca Municipal de Frigsa (Lugo).
Outra autora galega que KALANDRAKA tamén promociona neste mes das Letras Galegas é Paula Carballeira, que vén de publicar o libro de relatos titulado “Smara”, con ilustracións de Carole Hénaff. Está ambientado nos campamentos de refuxiados saharauis que a propia Paula Carballeira visitou no 2000 como integrante da Expedición Sahariza.
R.


