Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O VI Festival de Música Antiga e Barroca celebrarase do 2 ata o 16 en Santiago de Compostela

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo asistiu hoxe ao acto de inauguración do VI Festival de Música Antiga e Barroca organizado polo Ateneo Barroco que se celebra do dous ata o 16 de outubro e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Neste encontro convidou á cidadanía a achegarse ata Santiago de Compostela para “gozar da cultura e da música neste encontro ao que se van achegar artistas destacados desta modalidade musical”.

Durante o acto, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou que o certame, que vai pola súa sexta edición, ofrecerá concertos e distintas actividades complementarias que se atopan enmarcadas dentro dos obxectivos do Goberno galego de reactivar e apoiar o sector musical en todos os xéneros. Neste senso, o director xeral de Cultura salientou que esta cita conta coa colaboración da Xunta a través das subvencións a festivais.

No marco desta presentación, Anxo M. Lorenzo tamén puxo en valor ao Ateneo de Santiago, “unha entidade xa consolidada como espazo de entendemento e coñecemento, que promove diversas actividades para a cidadanía”. Deste xeito, sinalou “o importante que é que, dende as institucións públicas, se lles dea axuda a asociacións que difunden e dan valor á nosa cultura”.

Certame e actividades complementarias

A cita inclúe os concertos que terán lugar en diferentes localizacións onde o mércores dous de outubro actuarán no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia a soprano Roberta Invernizzi, o tenor Marcello Nardis e Ars Atlántica dirixidos polo director Manuel Vilas. O sábado cinco será o turno de Concert le Phénix e Fernando Santiago na igrexa da Universidade, onde tamén estarán El Afecto Ilustrado e Adrián Linares o martes 15.

O Teatro Principal acollerá o luns sete de outubro a Dolce Rima, o martes oito a Diego Ares e o sábado 12 a La Reverencia e a Andrés Alberto Gómez. Finalmente, a carón destas citas, tamén haberá unha serie de actividades complementarias que inclúen outros encontros como conferencias, un club de lectura, unha proxección e improvisacións.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información