Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

'Corazón da Artesanía' volverá encher de artesanía, gastronomía e música os pendellos de Agolada

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta mañá na presentación do XI Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de xullo no recinto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada.

Durante a presentación, Gabriel Alén destacou o Corazón da Artesanía como un encontro multidisciplinar e orientado a amosar, poñer en valor, enxalzar e contribuír ao desenvolvemento integral dos nosos oficios artesanais, especialmente dos máis tradicionais, dos valores da artesanía e da marca Artesanía de Galicia, así como dos produtos gourmet.

“Agolada convértese cada ano nun espazo de confluencia entre artesáns e profesionais de diferentes ámbitos (deseño, decoración, gastronomía, moda, arquitectura, tendas especializadas...) que permiten establecer relacións comerciais e chegar a novos mercados”, explicou.

Na edición deste ano está prevista a participación de 53 profesionais da Artesanía de Galicia, 36 como expositores e outros 14 artesáns que participarán como docentes nos cursos de formación especializada e talleres abertos, entre os que se atopan sete obradoiros que participan neste evento por primeira vez. En canto aos expositores de produtos gourmet, este ano estará presente a oferta de 32 empresas, 19 das cales contan co selo de Artesanía Alimentaria.

Así, durante tres días en horario de 11,00 a 14,00 h. e de 16,00 a 21,30h h., o Corazón da Artesanía xuntará tradición e vangarda nun encontro único no que se contará con demostracións de artesanía en vivo, o programa Artesanía no Prato que xunta gastronomía e artesanía, cursos especializados para artesáns e obradoiros abertos para todos os públicos, animado con música en directo e actividades para nenos.

Formación e actividades

Entre estas actividades de formación destacan os cursos de especialización impartidos por Álvaro M. Leiro, artesán pontevedrés especializado en cestería e gañador do Premio Nacional de Artesanía 2023; a empresa Ubedíes Artesanía (Jaén), un referente no traballo do esparto; ou dous dos docentes do proxecto de recuperación e transmisión dos oficios tradicionais Aprender da Tradición. Oficios e técnicas impulsado pola Xunta: o oleiro de Buño Antonio Pereira “O Rulo” e a tapiceira Stelle Bisson.

Entre os oficios artesanais que estarán representados atópanse a xoiería e a ourivería, a sombreirería, os instrumentos musicais, a olería, a cerámica, a elaboración de zocos, a marroquinería, o téxtil, bordado, o traballo coa madeira e co papel, a forxa, a cestería,as colareiras, os xoguetes, a estampaxe, a tapicería, o bordado ao aire e mais os labores de palla. No programa de actividades inclúense cursos especializados que estarán relacionados coa cestería, co bordado, coa olería tradicional, coa tapicería ou co debuxo e talleres abertos para todos os públicos relacionados con diferentes oficios como a cestería, o tecido, a cerámica de torno, a estampaxe e a elaboración de figuras de miga de pan.

Como xa é habitual, o Corazón da Artesanía incorpora a iniciativa Artesanía no Prato, un proxecto que botou a andar no 2013 no marco deste encontro co obxectivo de establecer sinerxías entre artesanía, gastronomía e deseño. Durante os tres días do evento realizaranse demostracións de reputados cociñeiros que empregarán pezas da marca Artesanía de Galicia para presentar os seus menús. A programación do evento complétase con espectáculos e concertos musicais que terán lugar na Praza do Concello de Agolada durante toda a fin de semana.

En decembro de 2023, esta iniciativa impulsada pola Xunta resultou gañadora do Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría Promociona para Entidades Públicas.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información