Celébrase o o Día das Letras Galegas na Coruña, cidade da homenaxeada Luísa Villalta
No marco desta programación, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu ao acto académico da Universidade de Santiago de Compostela en honra da escritora coruñesa, no se presentou o libro Escribir para quen. Relecturas posíbeis de Luísa Villalta e se pronunciou a conferencia As feridas no ar. Sobre a figura poliédrica de Luísa Villalta, a cargo de María Xesús Nogueira Pereira, profesora do departamento de Literatura galega, e de Montserrat Pena Presas, docente do Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación.Actos institucionais dos 17 de maio na cidade da homenaxeada
A Coruña será o epicentro da celebración mañá do Día das Letras Galegas, por ser a cidade berce da homenaxeada e estar moi presente na súa obra. Un dos actos institucionais principais, ademais do pleno extraordinario de la Real Academia Galega, é a inauguración na Casa do Concello da exposición A música das palabras, que a Xunta realiza en colaboración coa editorial Galaxia, na que se repasa a traxectoria biográfica e profesional da polifacética escritora.
Nela percórrese a súa ruta vital, co fin de axudar a comprender quen foi, que nos deixou e que implica a súa figura no panorama contemporáneo cultural de Galicia. O proxecto componse de 14 paneis compostos por textos, concisos e divulgativos, e cunha ampla información visual. O obxectivo é reflectir a súa traxectoria vital, intelectual e profesional, con dous deles especialmente referido á súa relación coa Coruña, a súa ‘Cidade Alta’, con versos dos seus poemarios e fotografías de Xurxo Lobato.
Tras a inauguración será o momento do grande acto institucional aberto ao público que se celebrará ás 11,00 horas no Teatro Colón da Coruña e contará coa participación e intervención dos máximos representantes do Goberno galego, da Real Academia Galega e do Concello da Coruña, ademais de que tamén intervirá nesta cerimonia un membro da familia de Luísa Villalta. Sumaranse a esta celebración —aberta á sociedade e que contará con diferentes actuacións musicais— autoridades e membros de colectivos e asociacións e entidades vencelladas aos eidos culturais e socieconómicos de Galicia.
Foto: Wikipedia
R.


