A cidade portuguesa de Braga convértese en epicentro da reflexión sobre a relación entre Galicia e os países lusófonos
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/portugal_galicia.jpg)
Durante o acto, o representante autonómico salientou “o importante papel que este congreso xoga na internacionalización da nosa lingua, en xeral, e na divulgación dos estudos galegos no ámbito da lusofonía e como foco de interese para os estudos lusófonos”.
Catro días de programación
Baixo o título Horizontes dos Estudos Galegos e /na Lusofonía, esta nova edición do congreso da AIEG parte do tradicional vínculo entre Galicia e os países lusófonos para promover o debate, a crítica e novas propostas sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional.
Farao a través de relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias nas que participarán especialistas das tres universidades galegas, pero tamén do ámbito nacional e internacional, que discutirán sobre os campos lingüístico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico e artístico.
No marco do congreso tamén terán cabida as actividades culturais, como excursións ou exposicións, especialmente dirixidas á mocidade investigadora; ou a presentación de produtos académicos e proxectos, como o Proxecto Nós, impulsado polo Goberno galego para incorporar a lingua propia de Galicia á vangarda da Intelixencia Artificial.
O broche de ouro a catro días de congreso porao a reedición da gala aRi[t]mar 2023, que chegará por primeira vez a territorio luso este sábado 20 ás 21.30 h no Espaço Vita de Braga. No evento, que celebra cada ano o mellor da música e da poesía galega e portuguesa, volverán soar as cancións gañadoras da edición do pasado ano -o Lisístrata de Fillas de Cassandra- e o Maçãzinha, de Retimbrar en colaboración con Uxía Senlle- e os poemas máis votados -Mamá fala en linguaxes de documentos predeterminados, da ourensá Arancha Nogueira e Se de repente perto fosse um verbo, da barcelense Maria Isabel Fidalgo.
R.