Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Celébrase o centenario do nacemento do filólogo negreirés Xosé Luís Pensado

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe en Compostela na apertura do simposio Xose Luís Pensado, 100 anos (1924-2024), organizado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Xunta para conmemorar o centenario do nacemento do filólogo negreirés, máximo estudoso e reivindicador da figura do padre Sarmiento.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades loou a figura “deste eminente filólogo do século XX que se ocupou de Galicia, da súa lingua e cultura, cando aínda non había unha filoloxía galega consolidada e que deu a coñecer mediante investigacións e edicións de calidade a obra sobranceira do Padre Sarmiento, claro precedente na reivindicación e no estudo do galego, pero tamén outras obras senlleiras do noso pasado medieval”. Neste sentido, destacou que este traballos de difusión “sen dúbida contribuíu ao prestixio da literatura e da lingua propia de Galicia cando se atopaba nas súas horas máis baixas”.

Tras o acto inaugural na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a xornada, que se desenvolve durante todo o día entre a capital galega e Negreira, comezou o ciclo de conferencias sobre a vida, obra e achegas deste significado lingüista. Da man dun grupo de docentes universitarios e de especialistas relacionados coa figura de Pensado, as seis disertacións céntrase en aspectos concretos como a súa contribución aos estudos do padre Sarmiento, as ideas sobre a gheada, a súa destacada presenza no ámbito universitario ou a relación que mantivo con institucións como a Real Academia Galega e a USC.

O simposio porá o broche de ouro durante o serán coa descuberta dunha placa conmemorativa na casa natal do propio Xosé Luís Pensado, en Negreira.

Unha vida ao servizo da lingua

Xosé Luís Pensado (Negreira, 1924- Salamanca, 2000) foi un filólogo, lingüista e profesor que, entre outros aspectos, dedicou parte da súa vida á edición da obra do ilustrado frei Martín Sarmiento. Estudou os dous primeiros cursos de Filosofía e Letras en Santiago para trasladarse despois a Madrid, onde cursou a especialidade de Filoloxía Románica e fixo a tese de doutoramento con Dámaso Alonso, con quen traballou ata que en 1957 gañou por oposición a cátedra de Filoloxía Románica da Universidade de Oviedo. De aí pasou á Universidade de Salamanca, cidade onde permaneceu ata a súa morte no ano 2000.

Foi membro de número da Real Academia Galega, correspondente da Real Academia Española e membro de honra da Academia de la Llingua Asturiana. Ademais, é autor de numerosos artigos sobre temas lingüísticos do século XVIII e doutras épocas, colaborou con Grial, publicou libros en Galaxia e divulgou temas relevantes da nosa realidade lingüística na prensa diaria.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información