A Declaración de Ribeira Sacra revitaliza a candidatura a Patrimonio da Humanidade deste territorio
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/ribeira-sacra-3.jpg)
O responsable autonómico de Cultura agradeceu a dedicación destes profesionais pola súa implicación no estudo e difusión “dun dos nosos maiores tesouros” no proceso de revitalizar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Neste senso, animou a todos os organismos implicados a seguir as súas recomendacións para “demostrar a importancia desta paisaxe marcada pola auga para o patrimonio universal e a riqueza de Galicia”.
“Esta é unha comarca de máis de 180 quilómetros que está intimamente ligada á cultura da auga e que conta cun profundo legado patrimonial, histórico, arqueólogo e etnolóxico que traballamos para poñer en valor e protexer”, afirmou o conselleiro. Faise, tal e como explicou, contando co compromiso de todos os axentes para conseguir que a Ribeira Sacra “sexa hoxe un territorio máis vivo, coidado e recoñecido”.
Documento adoptado
O documento adoptado hoxe no corazón desta comarca recolle unha vintena de recomendacións entre as que se inclúen a necesidade de seguir promovendo diálogos intersectoriais, foros, encontros e contribucións científicas específicas co fin de preservar o legado desta paisaxe excepcional marcada pola curso dos ríos Sil e Miño. Neste senso, instan a ampliar o coñecemento actual sobre estes sitios esteticamente impresionantes que combinan a biodiversidade agrícola con ecosistemas resilientes e un valioso patrimonio cultural.
En canto á Unesco e a os órganos asesores, a declaración anima a promover a creación de grupos de traballo sobre as paisaxes da auga, intercambiar orientacións, casos de estudo e experiencias para acadar un enfoque inclusivo e a apuntar o papel destes espazos na Unesco incentivando a inscrición de novos elementos tanto nas listas de Patrimonio Cultural Inmaterial como no Rexistro de Boas Prácticas. Ademais, solicítase a apoiar aos diferentes estados a presentar novas candidaturas relacionadas coa auga para acadar unha Lista do Patrimonio Mundial máis representativa, equilibrada e crible.
Por último, os expertos recomendan aos gobernos e administracións públicas identificar e preparar inventarios destas paisaxes e do patrimonio vivo que está presente en cada territorio para fomentar o recoñecemento do seu valor e importancia. Por último, piden crear un marco axeitado que permita as autoridades e comunidades locais actuar en beneficio do seu patrimonio hídrico.
R.