Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Semana de Cine Euroárabe Amal amosará media decena de filmes en prol do entendemento intercultural

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o presidente da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez, presentaron esta mañá a Semana de Cine Euroárabe do Festival Internacional Euroárabe AMAL 2023. A Xunta de Galicia apoia esta vixésimo primeira edición da cita cultural, que amosará media decena de filmes en prol do entendemento intercultural.

O representante da Xunta de Galicia sinalou o apoio do Goberno galego a esta cita como unha aposta pola convivencia e polo achegamento entre Oriente e Occidente, ademais de por ofrecer á cidadanía unha oferta cultural plural e descentralizada. “Non en balde, nos seus 20 anos de historia a Semana de Cine Euroárabe chegou a máis de 15 localidades e superou os 300.000 asistentes”, destacou.

Neste sentido, quixo facer tamén fincapé na “gran oportunidade que supón esta cita para poder visionar en Galicia filmes do cinema árabe que non se atopan no circuíto máis comercial das salas”. O director xeral de Cultura rematou poñendo en valor a traxectoria do AMAL no fomento dunha cultura de convivencia, respecto e tolerancia. “Este festival leva dúas décadas divulgando unha mensaxe de paz que neste días cobra unha gran importancia”, destacou.

Do 23 ao 28 de outubro o Teatro Principal de Santiago acollera esta vixésimo primeira edición do AMAL, baixo o lema Ninguén está a salvo. Ao longo da semana, o público poderá gozar de filmes como o premiado en Venecia Entre as figueiras, primeira película de ficción do franco–tunesino Erixe Sehiri; O caftán azul, da directora e guionista marroquí Maryam Touzani; Conspiracíón no Cairo, do guionista e produtor sueco de orixe exipcia Tarik Saleh, e The sage, do director de cine e televisión sirio, de orixe palestina Basil Al-Khatib.

No eido do cinema documental, esta edición achega ao público compostelán o traballo Little Palestine, Diary of a Siege, do cineasta e fotógrafo sirio-palestino Abdallah Al-Khatib.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información