Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Unha ampla programación conmemorará o 186 aniversario de Rosalía de Castro

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, presentaron esta mañá a programación que a Xunta de Galicia e a propia fundación organiza co gallo do aniversario da autora de Follas Novas o 23 de febreiro.

O representante do Goberno galego valorou o feito de que cada vez “máis centros educativos, institucións, colectivos e cidadáns se suman ao Día de Rosalía, unha xornada que é tamén unha celebración da nosa xente, da muller como referente, da nosa cultura, da nosa paisaxe, da nosa lingua... cuxa nobreza cantou e reivindicou Rosalía de Castro”.

No acto, que tivo lugar na Casa da Matanza, sede da Fundación Rosalía de Castro, tamén participaron o deputado de Cultura, Xurxo Couto; a concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, e o cociñeiro do asador O’Pazo, Óscar Vidal, entre outros. Ademais, anunciouse o lanzamento dunha nova aplicación que permitirá desde hoxe visitar de forma virtual a Casa de Rosalía tendo por guía un avatar en tres dimensións de Maruxa Villanueva, a actriz galega que durante 30 anos coidou do que fora o fogar da poeta.

Lecturas, alborada e Caldo de Gloria

Como cada ano, os actos oficiais estarán repartidos entre Santiago e Padrón, lugares de nacemento e pasamento da homenaxeada, respectivamente. A celebración comezará ás 10,00 h coa lectura de poemas por parte do alumnado do Instituto Camilo José Cela diante da Estatua de Rosalía, en Padrón. De aí, os festexos trasladaranse a Santiago, onde ás 11,00h haberá alborada cos Carapaus e ofrenda floral na praza de Vigo, preto de onde naceu Rosalía hai 186 anos.

O acto central do día terá lugar ás 12,00 h no Hostal dos Reis Católicos, na Praza do Obradoiro, onde se realizará unha lectura de poemas seguida dunha actuación dos Carapaus, que tocarán acompañados de Estela Pereira e Lía Ferrer, alumnas da Escola Municipal de Música de Santiago.

Xa pola tarde, a Casa de Rosalía volverá acoller a sétima edición do Caldo de Gloria da man de Óscar Vidal, chef do asador O’Pazo, que ofrecerá a súa versión da famosa receita de Rosalía aos presentes. Paralelamente, tamén se tomará o Caldo de Gloria nas outras dúas lareiras do Rexurdimento: na Casa-Museo de Curros Enríquez, en Celanova, e na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso.

Ademais, ao Caldo de Gloria xa se sumaron máis de 200 hostaleiros e máis de 70 comedores escolares, así como concellos e empresas de toda a xeografía galega. Para iso, a Xunta, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, repartiu 46.000 manteis de papel co poema que inspirou esta iniciativa, Miña casiña, meu lar, no que a poeta explica como facer un caldo humilde.

O broche final a un día de celebracións poñerao a cantante e compositora Belém Tajes cunha actuación no auditorio da Casa-Museo ás 20,00 h.

Programación nas bibliotecas e nos centros escolares

O Goberno galego tamén conmemora durante todo este mes o nacemento da súa autora máis loada a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, dos Centros de Estudos Galegos ou dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros escolares mediante a programación de actividades de divulgación -como faladoiros, obradoiros ou contacontos, entre outras- e materiais didácticos que poden consultarse no Portal da Lingua Galega.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información