Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Rede Galega de Teatros e auditorios presenta 50 citas escénicas en Vigo ata finais de abril

A Xunta de Galicia contribúe á nova carteleira escénica de Vigo con 50 das actuacións de teatro, danza, novo circo e maxia que o Auditorio Municipal programa ata finais de abril como integrante da Rede Galega de Teatros e Auditorios. O investimento público na contratación das 17 compañías que ofrecerán estas funcións supera os 80.000 euros, dos que a Xunta achega máis do 60% a través do convenio de colaboración asinado co Concello vigués.

O circuíto autonómico, desenvolvido pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto a 40 entidades locais asociadas, conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros para a actual carteleira semestral, cifra que se traduce na contratación de 114 formacións artísticas para levar a cabo preto de 320 funcións escénicas e concertos en escenarios das catro provincias.

Vigo será o escenario para medio centenar destas citas, concentradas nos catro primeiros meses do ano e das que 37 son de teatro, 10 de danza, dúas de novo circo e unha de maxia. Así, a actividade da Rede de Teatros e Auditorios neste 2023 arrancará na cidade olívica esta mesma fin de semana co espectáculo de rúa Pachamama, co que Troula Animación estará na Porta do Sol o venres e sábado, ás 19,00 h.

No Auditorio Municipal desde febreiro

A partir de febreiro, a programación trasladarase ao Auditorio Municipal, que ese mes acollerá a Teatro del Barrio con Como hemos llegado hasta aquí os días 3 e 4, Magia en la Manga con The Best magic Trick in the World o día 5, Teatro DeuVe con 3240 os días 10 e 11, Teatro Spasmo coa montaxe infantil La mejor obra de la historia o día 12, Teatro Portal 71 con Sexpiertos os días 24 e 25 e Teatro N+1 coa proposta para público familiar Divertimentos o día 26.

Xa en marzo será a quenda de Malasombra Producións con Vox Populi o día 3 e de Tanxarina Títeres con A cazola de Lola o día 12, así como para as tres sesións do día 17 e as catro do día 18 das seguintes pezas breves: Intempestiva de Elahood, Non obstante, Life is a Cabaret as You Now de ALO Producións, Murmurios cuánticos de Cinema Sticado e Histriónica! de Mónica Sueiro.

En abril chegará ao Auditorio Municipal a versión de O porco de pé, de Vicente Risco, por Producións Teatrais Excéntricas os días 21 e 22, Carabela de Galeatro Producións Escénicas o día 23, Tabú de Colectivo Glovo o día 28 e Loop de Aracaladanza o día 30.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información