Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O informe Impacto de Xénero no Camiño reflicte a alta presenza de mulleres cun 51,16% de participación en 2019 e un 52,1% neste primeiro semestre

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron hoxe en Pontevedra as principais conclusións do informe Impacto de Xénero no Camiño, elaborado pola Xunta, e a liña de axudas a albergues privados.

O documento, un estudo específico que integra perspectiva de xénero e Camiño de Santiago, pon de manifesto a alta presenza de mulleres nas peregrinacións que se converteu, segundo sinala, nun destino atractivo a partes iguais para homes e mulleres, no que as mulleres foron cobrando máis protagonismo. Así, desde 2013 a 2019 (anos completos analizados, excluíndo 2020 e 2021 pola pandemia), o número de mulleres peregrinas foi aumentando ata ter máis presenza feminina que masculina en 2019 cun 51,16% de mulleres participantes fronte ao 48,84% de homes. O 2018 foi o primeiro no que as rutas oficiais tiveron máis presencia de mulleres que de homes.

Esta tendencia previa á pandemia (2019) continúa este ano, segundo apuntou Lorenzana, destacando que nos seis primeiros meses de 2022 entregáronse 79.000 Compostelas a mulleres e 72.589 a homes (+6.411), o que supón un 52,1% de mulleres sobre o total.

O estudo tamén salienta, en palabras da conselleira, que as mulleres peregrinan menos que os homes cando o Camiño está menos transitado, como en tempadas baixas ou en rutas menos concorridas. É dicir, hai unha masculinización, con porcentaxes de homes superiores ao 60% nos meses invernais. Sen embargo, o estudo reflicte un aumento progresivo das mulleres en peregrinación mes a mes, cunha maior concentración entre os meses de abril a outubro.

Outras das conclusións deste informe indica que o Camiño Portugués foi o que máis mulleres peregrinas acumulou entre 2013 e 2021, cun 53,96% de participación.

A conselleira sinalou que esta análise demostra que “as mulleres teñen cada vez máis autonomía e se senten máis seguras para emprender, soas ou acompañadas, esta aventura”. Por iso, indicou que o Goberno galego quere que “a sociedade se mire no espello do Camiño de Santiago para que a muller teña cada vez máis presenza, en igualdade de condicións e de oportunidades ca os homes”. “Con este informe queremos engadir un grao de area ao traballo pola igualdade”, engadiu.

Segundo Lorenzana, “viaxar é unha experiencia poderosa, transformadora, que marca un antes e un despois nas nosas vidas e as mulleres foron descubrindo pouco a pouco que o Camiño de Santiago é iso e moito máis, porque é cohesionador, hospitalario, sostible, creativo, tradicional e contemporáneo, singular, espiritual e multicultural”.

Nava Castro, pola súa banda, referiuse ao incremento do número de establecementos de carácter privado que xorden no Camiño de Santiago e fixo un repaso da convocatoria de subvención para a mellora e dotación de albergues privados, ao obxecto de fomentar a oferta aloxativa de calidade para os peregrinos, onde destaca a presenza feminina tanto na xestión como na dirección deste tipo de aloxamentos.

Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia, lembrou que a Xunta vai destinar 500.000 euros a este programa cuxa convocatoria remata o vindeiro día 9 de agosto.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información