Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Galicia reivindica en Bruxelas o papel do Xacobeo 21-22 na construción da identidade europea

Como xa anunciara a pasada semana durante o peche do proxecto transfronteirizo Eurocidade 2020, o director xeral tomou a palabra, tamén, con motivo da aprobación da resolución "Unha visión para Europa: o futuro da cooperación transfronteiriza", para poñer en valor a "fundamental contribución das eurorrexións á integración europea" e para pedir á Comisión e aos Estados membros que se reforce o papel destes entes a través dun maior apoio financeiro.

Ao longo das dúas xornadas que compuxeron o pleno, presentáronse varios ditames en clave de transición climática e enerxética para a súa aprobación, como os ditames Estratexia de mobilidade sostible e intelixente, Cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de aquí ao 2030 e Intensificar a ambición climática de Europa para o 2030: camiño á COP26.

Das 22 emendas presentadas por Galicia, varias ían destinadas a estas cuestións, co obxectivo de, por unha banda, garantir o acceso das rexións aos fondos europeos para a transición en materia de mobilidade e de mostrar o seu respaldo ao autobús como transporte enerxéticamente eficiente; e, por outra banda, pedir unha maior implicación dos entes rexionais sobre as cuestións climática e enerxética e na identificación das áreas de actuación para dar cumprimento aos ODS. Neste sentido, a comunidade galega fixo especial fincapé na especial contribución que os sectores agrícola, forestal e da construción poden facer para mitigar o cambio climático.

Ademais, en relación ao ditame Plan de acción para a economía social, Galicia avogou pola necesidade de ter en conta a perspectiva de xénero nas medidas propostas, nos mecanismos de seguimento previstos, nas posibilidades de acceso ao financiamento e na garantía dunha composición equilibrada por razón de xénero nos órganos de goberno das empresas dedicadas a esta materia.

Outros debates que tiveron lugar, neste primeiro pleno en formato semipresencial dende que comezou a pandemia, contaron coa participación de varios vicepresidentes da Comisión Europea, como o debate sobre o programa de traballo da Comisión para 2022 co vicepresidente responsable de Relacións Interinstitucionais e Prospectiva, Maroš Šefčovič; ou o debate sobre o Plan de acción para a democracia europea coa vicepresidenta responsable de Valores y Transparencia, Věra Jourová.

O Comité Europeo das Rexións

O Comité Europeo das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE. A Fundación Galicia Europa presta apoio á participación galega nesta asemblea.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información