Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Jesús Curros recibe o I Premio de Ensaio da Academia Xacobea pola obra 'Escenas, imaxes e sons do Camiño'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe no acto de entrega do I Premio de Ensaio Camiño de Santiago, que convoca a Academia Xacobea coa colaboración da Xunta de Galicia. Recibiuno Jesús Curros Neira pola obra Escenas, imaxes e sons do Camiño, que se impuxo a outros seis traballos presentados pola súa “posta en valor da visión e do aproveitamento de todo o relacionado co tema xacobeo desde distintos ángulos culturais”.

Valentín García destacou “a importancia de celebrar tamén o Xacobeo desde o ámbito literario estimulando a produción e a edición en galego e contribuíndo a que haxa obras divulgativas sobre calquera tema e ámbito do saber inspiradas no Camiño de Santiago”, así como o compromiso da Academia Xacobea de “impulsar unha realidade tan importante para Galicia como son o Camiño e o Xacobeo, tamén como valores de intercambio cultural e de diálogo a través do ensaio, da novela ou da poesía”.

No acto tamén participaron, canda o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o premiado, o presidente e o secretario da Academia Xacobea, Xesús Palmou e Ulises Bertolo, respectivamente; e mais o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro. A entrega contou coa actuación musical do cantautor Manoele de Felisa.

Unha visión global dun fenómeno global

A obra gañadora, Escenas, Imaxes e Sonidos do Camiño, editada dobremente por Galaxia en versións galega e en castelá, pon en valor a visión e o aproveitamento de todo o relacionado co tema xacobeo desde diferentes ángulos culturais. O autor ofrece un texto elegantemente escrito, de sinxela e amena lectura que, sen dúbida, captará a atención do público lector desde as primeiras páxinas. Nela, a arquitectura, a literatura, galega, española e universal, a música sagrada e profana, o cine e xéneros como o tebeo, o cómic ou a banda deseñada danse cita desde unha visión global dun fenómeno como o Camiño de Santiago.

Galardóns literarios que impulsan a temática xacobea

O Premio de Ensaio Camiño de Santiago convócao a Academia Xacobea coa colaboración do Goberno galego e a mais a Editorial Galaxia, co patrocinio de Aluminios Cortizo. Ten como obxectivo promover e darlle presenza ao Camiño de Santiago e ao fenómeno xacobeo no ámbito da literatura, desde o ensaio, e está dotado con 3.000 euros e coa publicación da obra en dobre edición, galega e castelá.

A Academia Xacobea convoca tamén os premios de narrativa e de poesía Camiño de Santiago, que recaeron nas súas primeiras edicións nas obras Camiño de paixóns (2018), de Carlos Meixide e Das viaxes maiúsculas (2019), de Domingo Tabuyo, respectivamente. No mes de abril está prevista a convocatoria do II Premio de Narrativa Camiño de Santiago, co que a Academia iniciará o segundo ciclo de convocatorias literarias arredor do Camiño e do fenómeno xacobeo.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información