Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Museo Gaiás achégase ás aulas a través dun programa pioneiro en Galicia de visitas didácticas por videoconferencia

A iniciativa foi recibida con entusiasmo por parte da comunidade educativa, esgotándose en poucos días as 24 quendas dispoñibles de aquí ao 15 de novembro, que xa están todas asignadas. Ante esta excepcional acollida, o Museo Centro Gaiás vén de abrir novas datas e a partir de mañá venres os centros de ensino poden xa facer a súa reserva para a segunda xeira de visitas didácticas. Nela atenderanse outros 38 grupos entre o 17 de novembro e o 15 de xaneiro, esperando superar os 2.000 estudantes a través deste proxecto pioneiro.

De Nós, á aula

Dirixidas a alumnado de ESO e Bacharelato, as visitas didácticas en liña a Galicia, de Nós a nós permiten achegarse a distintas pezas e relatos que se abordan na exposición, co obxectivo de destacar a importancia de Nós na construción da identidade galega e a súa pegada na nosa lingua e cultura. Están conducidas polo persoal de guías do Museo Centro Gaiás, cos que alumnado e docentes poden interactuar en directo.

Ademais de visualizar múltiples obras expostas na mostra, a visita emprega recursos audiovisuais adicionais que axudan a comprender mellor o contexto sociohistórico e sociolingüistico da Xeración e do Grupo Nós e a conectar os protagonistas da exposición coa actualidade e coa realidade da audiencia. De xeito complementario, a actividade proponse tamén pór en valor o uso das TIC nos procesos de aprendizaxe actuais.

Ferramenta didáctica de primeira orde

Con esta iniciativa, a Cidade da Cultura quere dar continuidade ao seu consolidado programa didáctico, que só en 2019 atendeu a 14.652 alumnos e alumnas de 640 grupos procedentes de centros de toda Galicia, que se achegaron así ás exposicións, arquitectura e espazos naturais do Gaiás. O Servizo de Educación, Mediación e Atención ao Público do Museo procura deste xeito manter o contacto e interacción directa cos centros de ensino e o seu alumnado no contexto actual, co convencemento de que as visitas vinculadas á cultura e á arte, e as actividades fóra da aula no seu conxunto, son unha valiosa e amena ferramenta pedagóxica na docencia.

Neste sentido, o programa de visitas didácticas en liña é só un dos múltiples recursos que a Cidade da Cultura vén desenvolvendo no último ano para achegar a súa programación ao público no contexto imposto pola pandemia de limitación de desprazamentos e redución de prazas nas actividades ao vivo. Neste sentido, desde o pasado mes de marzo lanzáronse a través da Rede actividades para a cativada como o ciclo de contacontos en liña do Club das lerchiñas; a serie de videoreceitas das Cociñeiras ilustradas; ou os retos didácticos da Raposa Fedella. Xa no eido do público adulto, o Gaiás emitiu a través de streaming tanto concertos –por exemplo na celebración de eventos sinalados como o Día da Música, ou máis recentemente os magostos– como sesións de debate e análise sobre o sector cultural como as dos Foros #aculturasegue ou du #culturalike.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información