Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Fairway presenta a súa cuarta edición cunha decidida aposta pola dixitalización e sustentabilidade no Camiño de Santiago



A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participou hoxe no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia na presentación de Fairway, o fórum do Camiño de Santiago que integra feira e congreso e que este ano celebra, co apoio da Xunta de Galicia, a súa cuarta edición marcada pola proximidade do vindeiro Ano Santo.

Durante o acto de presentación, a cargo dos directores do evento, Manuel Oreiro, Ana Trevisani e Tono Mugico, a comisaria do Xacobeo 2021 destacou a aposta do Fairway pola dixitalización e sustentabilidade da Ruta Xacobea. “Neste tempo de confinamento o mundo dixital mantivo o espírito e os recordos do Camiño de Santiago máis vivos que nunca e temos que seguir fomentando esta faceta”, precisou Cecilia Pereira.

A Xunta de Galicia traballa para que o Xacobeo 2021 funcione como un motor de impulso económico e social que permita minimizar os efectos desta crise en todos os sectores da Comunidade, incluído o do Camiño de Santiago. Neste sentido, a comisaria do Xacobeo 2021 salientou a importancia de fomentar a colaboración entre os diferentes axentes, algo que tamén se reflicte na celebración deste evento, e de ofrecer as máximas medidas de seguridade para a reactivación da peregrinación.

Ademais da importancia deste fórum para o Camiño de Santiago, a celebración desta cita tamén é un revulsivo para o turismo de congresos, unha tipoloxía que se veu afectada pola crise sanitaria e que permite atraer un turismo urbano e de alto valor engadido durante todos os meses do ano, ademais de favorecer a desestacionalización.

Aposta polo dixital

A cuarta edición de Fairway celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia entre os días 8 e 10 de novembro seguindo as recomendacións sanitarias e adaptando o seu formato ao escenario poscoronavirus. Neste sentido, tal e como explicaron os directores da cita, na parte dedicada aos negocios reduciranse os contactos e apostarase por un formato máis dixital o que tamén permitirá incrementar a presencia de intermediarios de todo o mundo. Para iso, os asistentes contarán cun set especial no que poidan teletraballar cunha conexión rápida e segura.

A parte dedicada a iniciativas de formación, pola súa banda, funcionará como un espazo para reflexionar sobre o presente e o futuro do Camiño de Santiago desde unha perspectiva global. Así, levaranse a cabo iniciativas centradas na sustentabilidade e no coronavirus mantendo formatos equilibrados entre o presencial e o dixital.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información