Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O IES Ferrol Vello e o CEIP Xesús San Luis Romero gañan o Concurso-exposición Letras Galegas 2020



O Portal da Lingua Galega publicou onte a resolución do Concurso-exposición Letras Galegas 2020, un certame que cada ano convocan a Xunta de Galicia co apoio de Feiraco.

Desta volta, os centros educativos que realizaron as mellores exposicións para dar a coñecer a vida e a obra do autor homenaxeado o Día das Letras Galegas resultaron ser, en opinión do xurado, o CEIP Xesús San Luis Romero, de Carballo, e o IES Ferrol Vello, da Cidade Departamental. O primeiro, impúxose por terceiro ano consecutivo na categoría de infantil e primaria co traballo Recordando Carvalho Calero, en tanto que o segundo, coa mostra Unha vida polo galego, fíxose co premio na modalidade que inclúe centros de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e restantes centros de ensinanzas especiais, ensinanzas deportivas e ensinanzas de idiomas.

Os dous centros educativos gañadores recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 2000 euros, mentres que o profesorado implicado no deseño e posta en marcha das exposicións seleccionadas obterá unha certificación de premio de innovación educativa equivalente a 20 horas de formación (30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto). Ademais, as dúas coleccións de 10 carteis que integran cada unha das mostras e as súas correspondentes guías didácticas imprimiranse e distribuiranse en máis de 2000 puntos de Galicia e do exterior e estarán a disposición de calquera persoa interesada no Portal da Lingua Galega, a canda outros materiais especialmente elaborados para conmemorar o 17 de maio. O obxectivo desta difusión é achegarlle ao alumnado, á sociedade galega, á colectividade emigrante e ao estudantado de galego no estranxeiro a figura de Ricardo Carvalho Calero, a súa obra e o tempo que lle tocou vivir.

O Concurso-Exposición Letras Galegas forma parte da programación institucional que a Xunta de Galicia vai desenvolver nas vindeiras semanas en honra de Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedicará o vindeiro 17 de maio, e que pode consultarse en www.lingua.gal/dia-letras-galegas.

Exposicións gañadoras

O xurado acordou concederlle o premio da categoría de infantil e primaria á mostra Recordando Carvalho Calero, do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña), por combinar da forma máis axeitada a beleza estética, a calidade da lingua e o recurso ás tecnoloxías da información e da comunicación máis innovadoras (como a realidade aumentada), coa finalidade de difundir a figura do autor homenaxeado entre o público máis novo, incluído o que presenta necesidades específicas de apoio educativo, e por estar pensado ata nos menores detalles para dar a coñecer a súa vida, obra e época.

Polo que se refire á exposición Unha vida polo galego, do IES Ferrol Vello, o xurado destacou que consegue plasmar a vida, obra e época de don Ricardo Carvalho Calero nun conxunto harmonioso de carteis nos que son de salientar a modernidade e a acertada selección da información, alén da súa unidade, acadada mediante a recorrencia de imaxes do autor, do seu barrio natal, o Ferrol Vello, e do veleiro como símbolo da súa singradura vital.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información