Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Galicia estreita lazos coa Comunidade de Países de Lingua Portuguesa



O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe en Lisboa coa directora xeral da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), Georgina Benrós Mello, para abordar a forma da posible integración de España como Observador Asociado deste organismo.

Esta integración estaría baseada sobre todo nos estreitos vínculos de Galicia coa Lusofonía a partir de ser lugar de orixe da lingua portuguesa. Tamén suporía para Galicia unha grande oportunidade grazas a intercomprensión entre o galego e o portugués. A figura de Observador Asociado aplícase a Estados onde, aínda que non teñen o portugués como lingua oficial, existe unha comunidade de falantes de portugués de certa entidade ou, como sería o caso de España, onde unha das linguas cooficiais do Estado ten similitudes e comparte orixe co portugués, razón na que o galego, como lingua orixinaria do portugués, sitúe a Galicia no entorno da lusofonía.

A Xunta no proceso de preparación da candidatura de Galicia como membro desta comunidade, mantivo unha posición moi activa cando se lle comunicou unha posible integración de España na CPLP e amosou este interese nos seus intercambios co Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación. Ademais, presentou un documento de traballo coas achegas e forma de colaboración da nosa comunidade sobre as condicións, o papel de centralidade e o xeito de formar parte desta organización internacional.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE destacou que a acción exterior cos países da comunidade lusófona supón unha grande oportunidade no ámbito cultural, polas oportunidades de intercambios e proxectos conxuntos; e no económico, grazas ao enorme mercado constituído por máis de 250 millóns de falantes en portugués dunha decena de países.

O Goberno galego aprobou en 2014 a Lei Paz Andrade, para aproveitar a vantaxe lingüística que supón os vínculos coa lusofonía para fomentar o ensino e o aprendizaxe do portugués, o que permite valorizar o galego como una lingua con potencialidades e con utilidade internacional. Nesta liña, non se coñecen precedentes no seo da Unión Europea de fomento, a través dunha lei propia, do coñecemento dunha lingua oficial dun Estado membro veciño.

Pola súa banda, os responsables da CPLP recoñeceron o compromiso e interés de Galicia coa lingua e a cultura portuguesas así como o papel de “ponte” entre dúas culturas de forte presenza internacional como son a española e a portuguesa. Nesta liña, a organización destaca que a nosa comunidade colaborará en organismos para levar a cabo actividades concretas no ámbito cultural, económico, marítimo ou na cooperación ao desenvolvemento. Ademais, a CPLP convidou á nosa comunidade a participar no Cumio de Luando de setembro de 2020, no que se aprobará a adhesión de España como Observador Asociado do organismo.

Observadores Consultivos da CPLP

A Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa é un foro multilateral creado en 1996 e orientado á cooperación entre os seus membros. Nela participan todos os Estados que teñen a lingua portuguesa como oficial e moitas outras entidades vinculadas ao ámbito da lusofonía e con intereses estratéxicos, económicos, sociais ou culturais compartidos.

Ademais de formar parte desta organización os Estados onde se fala portugués, contémplase a figura do Observador asociado que se solicita para España e a de Observador Consultivo. A figura de Observador Consultivo comprende organizacións ou entidades non estatais con especiais vínculos coa lingua portuguesa.

No caso de Galicia, o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Academia Galega de Lingua Portuguesa son, desde o ano 2016 e co apoio da Xunta de Galicia, observadores consultivos da CPLP. O status que teñen as dúas institucións supón que Galicia pode estar presente nas xuntanzas temáticas da CPLP, intercambiar información nesa rede de Estados e entidades internacionais e servir de ligazón permanente entre a CPLP e a cultura e a lingua galegas.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información