A Ribeira Sacra segue o seu camiño como candidata de España á Lista do Patrimonio Mundial da Unesco o vindeiro 2021
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/ribeira_sacra_2.jpg)
Normalidade na tramitación e impstulso das candidaturas
O resto das propostas galegas, Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas e Cidade de Ferrol: Porto de la Ilustración, continúan o seu traballo con normalidade para acadar a súa futura inclusión na Lista do Patrimonio Mundial. As dúas candidaturas están neste momento inscritas na Lista Indicativa Española do Patrimonio Mundial. No caso de Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas, a Xunta e as tres universidades galegas teñen asinado o pasado mes de xullo un convenio para a realización do formulario da candidatura.
86ª reunión do Consejo de Patrimonio Histórico
Este órgano entre a Administración do Estado e as Comunidades Autónomas ten como finalidade especial facilitar a comunicación e o intercambio de programas de actuación e información relativos ao Patrimonio Cultural Español e nel están representados todos os directores xerais con competencias en materia do patrimonio cultural das distintas autonomías españolas, xunto cos representantes do Ministerio de Cultura e Deporte.
Na reunión do Consejo de Patrimonio Histórico analizouse a situación dos plans nacionais de patrimonio; presentouse o proxecto de creación do Centro de Categoría 2 da UNESCO sobre arte rupestre e se abordou o estado das candidaturas españolas para ingresar na Lista de Patrimonio Mundial, material e inmaterial.
R.