Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Gaiás promove a sensibilización social sobre a contaminación do mar polos plásticos cunha intervención artística de María Arceo, 'Plástico a Mareas'

Na inauguración desta tarde, que se fixo coincidir ex profeso coa celebración do Día Internacional do Medio Ambiente, o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, enxalzou o papel da arte como “valiosa ferramenta” de sensibilización social ante problemas graves, como o exceso de lixo, sobre todo os residuos plásticos e a contaminación que estes provocan no medio ambiente. Neste senso, lembrou a conexión das Hejduk coa contorna, tanto porque foron ideadas como torres botánicas para o parque de Belvís, como por ter acollido intervencións artísticas vencelladas ao medio ambiente, como Betula Pendula de Martín Toimil, quen pendurou bidueiros (queimados e vivos) para sensibilizar sobre a lacra dos lumes nos montes galegos.

No caso de Plástico a mareas, María José Arceo realizou a intervención a partir de refugallos deste material recollidos da costa galega e do río Sar en Compostela, a súa cidade natal, aínda que vive desde 1984 en Londres. Deste xeito, a artista desprazouse durante o mes de maio a Galicia para realizar limpezas en praias, de xeito individual ou con colectivos, como un de persoas con discapacidade intelectual ¬–organizado a través de Aspamite de Teo– e que asistiron hoxe á inauguración. Con estas colaboracións, María José Arceo procurou unha implicación colectiva da sociedade co obxecto de apelar a súa corresponsabilidade altruísta na conservación e no respecto do medio.

Este colectivo colaborou nunha recollida de lixo na Illa de Arousa e tamén na elaboración de tres das sete restras de paus de tiburón das bateas, que se poden ver na torre opaca das Hejduk, na que se nos traslada a un fondo mariño. Neste senso recreativo, Plástico a mareas procura unha experiencia de percepción multisensorial, de carácter inmersivo, coa intención de provocar fisicamente os e as asistentes; transportalos ao mesmo fondo do océano e, desa maneira, proporcionarlles a oportunidade de visualizar e percibir –a través de cheiros, sons e luces– os problemas que a presenza de plásticos xera na auga e conseguir, á vez, estimular e espertar hábitos de consumo responsable.

Inauguración o Día Internacional do Medio Ambiente

Plástico a mareas fíxose coincidir ex profeso co Día Internacional do Medio Ambiente, xa que a artista compostelá María José Arceo centra o seu traballo en accións para espertar a conciencia medioambiental da sociedade. Así, tamén no río Támesis levou a cabo unha limpeza similar á realizada no Sar, na que transformou o lixo recollido nunha pegada xigante.

Precisamente, neste Día Internacional do Medio Ambiente a patrocinadora da intervención Plástico a mareas, a empresa Viaqua, realizou varias actividades vencelladas con esta celebración. Así, pola mañá, a Sala Eisenman acolleu unha entrega de premios literarios a escolares da ESO e Bacharelato do IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela). As gañadoras foron tres rapazas que afondaron nas súas creacións sobre a importancia da auga como recurso escaso e imprescindible para vivir.

Pola tarde, organizouse unha cata de augas e un obradoiro. A esta acción convidouse a un colectivo de nais con contas influencers nas redes sociais, que tamén asistiron previamente á inauguración, xunto ao director de Viaqua, Julio Masid, quen amosou o compromiso da entidade con iniciativas que, desde o ámbito da cultura e da arte, incidan na sensibilización e corresponsabilidade de toda a sociedade na conservación e respecto ao medio ambiente.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información