Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O ciclo de cine 'Amal en Ruta' achega a Ourense películas e documentais da realidade euroárabe

Historias reais, causas de vida e cinema de autor, son os principais elementos que configuran o ciclo de cine euroárabe "Amal en Ruta 2019", unha mostra que está organizada pola Deputación de Ourense e pola Fundación Araguaney e que nesta edición proxectará no Teatro Principal de Ourense –do 8 ao 13 de xuño, con entrada gratuíta- catro películas de ficción e dous documentais.

Na presentación do ciclo, que tivo lugar hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou "o éxito de crítica e público que cada ano acada "Amal en Ruta", froito da coidada selección dos traballos audiovisuais que se presentan". Baltar salientou "a alianza entre a Deputación de Ourense e a Fundación Araguaney", e agradeceu ao presidente de honra desta entidade, Ghaleb Jaber, o seu labor por "promover e potenciar este importante achegamento cultural".

O presidente do goberno provincial afirmou: "Pór en valor o cinema supón pór en valor a nosa cultura, e neste sentido, a Deputación de Ourense deu en 2018 un paso decisivo como foi levar a cabo a organización do Festival de Cine de Ourense (OUFF), un evento que este 2019 tamén organizaremos, contando cun orzamento que quintuplica ao do ano pasado, e dentro desta aposta polo cine está o ciclo "Amal en Ruta", enmarcada na estratexia de desestacionalizar o Festival de Ourense para que os eventos relacionados co mesmo non teñan lugar só durante a semana de celebración do OUFF".

Pola súa banda, Ghaleb Jaber, agradeceu a Manuel Baltar "a súa sensibilidade e compromiso desde o primeiro momento con Amal en Rutal, un ciclo que busca o contraste entre as dúas beiras de Occidente, co obxectivo de informar e traer á actualidade unha realidade que moitas veces atópase na escuridade". "A información é necesario visualizala –destaca Jaber- para rachar cunha ignorancia que non se produce por non saber, senón por non querer saber".

O ciclo Amal en Ruta achega a Galicia a realidade da sociedade árabe, rompendo cos estereotipos e ofrecendo unha visión ampla e multidimensional desta cultura tan heteroxénea. Esta edición consta de catro ficcións e dous documentais –cintas en versión orixinal subtituladas en castelán-, que supoñen un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade.

Poderanse ver gratuitamente do 8 ao 13 de xuño, en horario de 20.30 horas, no Teatro Principal de Ourense.

As películas recollen diferentes puntos de vista e sensibilidades do mundo árabe. Ademais da temática palestina e da crise dos refuxiados, o ciclo aborda outros temas que amosan a diferenciación e matices dos máis de 500 millóns de persoas do mundo árabe. Os filmes que se proxectan son: "Alma Mater" (sábado 8 de xuño), "Sheikh Jackson" (9 de xuño, "Of fathers and sons" (10 de xuño), "Zagros" (11 de xuño), "Ghost hunting" (12 de xuño), e "El Cairo Confidencial" (13 de xuño).

O cartel do ciclo é unha fotografía da colección "Familias completas, familias incompletas" que o fotoxornalista Sergi Cámara tomou en 2015 a familias de refuxiados sirios chegadas á illa grega de Lesbos.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información