Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A mostra 'Primavera en Danza' de Carballo programa espectáculos de Fran Sieira, La Macana, Paula Quintas, Daniel Abreu e Entremans

A Mostra Primavera en Danza de Carballo celebrará a súa décimo sétima edición do 26 de abril ao 12 de maio cunha carteleira que inclúe cinco citas coreográficas programadas a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o circuíto de espectáculos que a Consellería de Cultura e Turismo promove a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e en colaboración coas entidades xestoras dos seus 40 espazos asociados.

Un deles é o Pazo da Cultura carballés, onde terán lugar as devanditas actuacións: Entresoños, de Fran Sieira (26 de abril); Pink Unicorns, de La Macana en coprodución co Centro Coreográfico Galego (27 de abril); Plastic, de Paula Quintas (3 de maio); La desnudez, de Daniel Abreu (4 de maio), e Gaia, de Entremans (5 de maio). Como peche especial, o 12 de maio terá lugar unha gala de baile tradicional a cargo da agrupación coruñesa Xacarandaina, que está a celebrar os seus corenta anos de historia.

O programa da Mostra Primavera en Danza, que inclúe tamén diferentes actividades complementarias de achegamento á danza contemporánea, foi detallado hoxe na presentación na que participou o director da Agadic, Jacobo Sutil, xunto ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura e Deporte, Marco Xosé Trigo, e os representantes dalgunhas das compañías en cartel.

Producións galegas

Na súa intervención, o responsable da Agadic situou esta iniciativa do Pazo da Cultura entre os programas pioneiros en Galicia á hora de fidelizar un público para a danza, ademais de destacar o seu valor de promoción para os artistas e compañías que se dedican a esta disciplina na nosa Comunidade. Neste sentido, subliñou a calidade dos catro espectáculos de produción galega contratados para a mostra a través do catálogo da Rede Galega de Teatros e Auditorios: Entresoños, Pink Unicorns, Plastic e Gaia.

Ademais, referiuse especificamente á segunda destas montaxes, presentada por La Macana e coproducida pola Agadic a través do Centro Coreográfico Galego, para incidir no elevado nivel e na diversidade do traballo que se está a facer dentro deste ámbito escénico: “Trátase dunha aposta novidosa, nacida en Galicia, pero con participación internacional e apoiada, ademais, por dúas importantes estruturas escénicas de Alemaña”, afirmou.

Lembrou tamén que o Diario Oficial de Galicia publicou o pasado día 5 a nova convocatoria de axudas da Agadic á creación escénica, que por primeira vez este ano destina unha dotación específica (110.000 euros) a subvencionar producións de danza como xeito de favorecer a materialización dos proxectos galegos que xorden cada temporada no marco desta disciplina artística.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información