Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Cidade da Cultura pon en valor a creatividade emprendedora con dous certames fotográficos e unha xornada lúdico-formativa

A reportaxe a presentar a concurso consistirá nunha serie de sete imaxes que retraten a actividade emprendedora e creadora nun centro de coworking, debendo reflectir o propio espazo de traballo do Centro de Emprendemento do Gaiás, a súa actividade, servizos, dinámicas, o día a día dos e das súas integrantes, así como os particulares condicionantes do traballo emprendedor. A reportaxe gañadora será galardoada cun premio dotado con 1.200€. Para participar cómpre inscribirse ata o 24 de marzo en cidadedacultura.gal.

Ademais, a través da rede social Instagram lánzase un concurso dirixido a instagramers de toda Galicia que os anima a publicar todo tipo de fotografías relacionadas coa temática do emprendemento, entre as que a mellor será premiada con 300€. Ambos galardóns estarán outorgados por un xurado especializado composto por profesionais da fotografía, e representantes da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, da Cidade da Cultura e da empresa de xestión cultural Correveydile.

Talleres, música, faladoiros e un mercado de emprendemento creativo

A actividade central de CreaGaiás será unha xornada lúdico-formativa especialmente dirixida a persoas emprendedoras ou profesionais do sector creativo, así como a público interesado no emprego da imaxe na contorna dixital ou en coñecer de primeira man as empresas residentes no Centro de Emprendemento no Gaiás, que desde a súa creación apoiou xa a uns 400 proxectos. A xornada, que se desenvolverá a partir das 16h, inclúe un mercado creativo das empresas e persoas emprendedoras residentes no Coworking e Viveiro do Gaiás e dous obradoiros –sobre fotografía con teléfonos móbiles e ioga e hixiene postural no entorno profesional–. Completan o programa un faladoiro e concerto acústico do dúo xixonés Pauline en la Playa, que esta primavera lanzará un novo traballo discográfico; unha sesión DJ e unha zona de networking e foodtrucks. A asistencia é libre e de balde ata completar capacidade.

Emprendemento na Cidade da Cultura

CreaGaiás é un proxecto organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, a través do seu Centro de Emprendemento Creativo, e a empresa de xestión cultural Correveydile. Conta ademais coa colaboración da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, e a empresa Daveiga. Pódese consultar máis información no web www.cidadedacultura.org.

Na súa segunda edición, CreaGaiás volve sumarse á programación da Cidade da Cultura arredor ao emprendemento no eido das industrias culturais, campo que, xunto coa tecnoloxía e a cultura, é un dos tres eixes nos que opera o Gaiás. O seu Centro de Emprendemento ofrece un espazo de coworking, un viveiro de empresas e unha área tecnolóxica na que compañías punteiras, como Vodafone, desenvolven proxectos de apoio a start-up galegas. O CEM ofrece un programa de titoría e acompañamento na posta en marcha de modelos de negocio, maduración de ideas empresariais, asesoría financeira, networking e showrooms.

Máis aló dos recursos dirixidos aos emprendedores/as con sede na Cidade da Cultura, o Gaiás desenvolve cada ano unha ampla programación que ten por obxecto estimular o talento e crear cultura emprendedora en Galicia, xa sexa a través de accións formativas ou eventos como Atlantic Emprende +Gaiás –encontro profesional arredor do sector musical que se celebra o vindeiro 30 de marzo– ou os Premios Gaiás Sixto Seco –que levan xa seis edicións premiando os mellores proxectos emprendedores–.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información