Cintaadhesiva ofrece un espectáculo de poesía e música electrónica no marco do Lubicán
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/Cintadhesiva.jpg)
Un concerto de Cintaadhesiva antóllase como unha experiencia moi completa, de grande intensidade. Nos contidos destaca un posicionamento marcadamente feminista e unha visión crítica de diversos ámbitos do social. Unha reflexión profunda e poética acerca da vida e das formas de actuar do ser humano.
O dúo formado por Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada, cuxa creación podería inserirse no xénero coñecido como ‘e-poesía’, ou poesía con música elecrónica, da que ésta é a base principal das composicións de Jesús Andrés, repletas de reminiscencias do post-rock, dream pope ambient.
Unha parte importante do espectáculo que ofrece formación artística vén dada pola integración de textos poéticos na música, que non acompañados dela. Deste xeito, o espectáculo intercala tamén temas cantados compostos polos mesmos autores. O concerto que ofrecerán este xoves os compoñentes de Cintaadhesiva é de entrada libre e de balde para todo o público interesado ata completar o aforo.
R.