Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O catálogo 'Shorts from Galicia' estará presente no Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand

O traballo de Cembe súmase, así, a destacada listaxe de traballos galegos que competiron nos últimos tempos por algúns dos premios da mostra francesa, como Matria, de Álvaro Gago, en 2018; Decorado, de Alberto Vázquez, en 2017; ou Ser e voltar, de Xacio Baño, en 2015.

Como en anos anteriores, Shorts from Galicia –a marca da Xunta para a difusión das curtametraxes galegas– estará presente na 34ª edición do mercado profesional asociado ao festival, que se desenvolve desde hoxe e ata o vindeiro xoves 7. O audiovisual galego acode a este Marché du Film Court dentro do espazo xeral Shorts from Spain, coordinado polo Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA). Del forman parte tamén outros organismos autonómicos e entidades de Andalucía, Aragón Canarias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Comunidade Valenciana, Estremadura, Madrid e País Vasco, ademais de varias das principais distribuidoras españolas no ámbito das curtametraxes.

Publicación e vídeo promocional

Desde este espazo estase a difundir entre os profesionais acreditados (representantes de produtoras, distribuidoras, televisións, festivais e axentes de vendas internacionais) tanto a nova edición do catálogo Shorts from Galicia, así como o vídeo promocional de 2019. As seis curtametraxes que lle dan forma foron elixidas por unha comisión especializada tras unha convocatoria pública aberta pola Agadic, á que se presentaron unha trintena de traballos de realizadores galegos. Seguindo un criterio artístico, a través desta escolma búscase dar conta do bo momento creativo do noso audiovisual.

O de Clermont-Ferrand é o primeiro dos encontros profesionais nos que o cinema galego conta con representación este ano no marco do programa de internacionalización desenvolvido pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Agadic. A seguinte cita deste calendario será o European Film Market de Berlín (Alemaña), que se celebrará a partir deste xoves en paralelo á Berlinale.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información