Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Cidade da Cultura inicia no 'Día de Castelao' un ciclo con expertos na época, na figura e na obra do intelectual galeguista

O ciclo arrancará o 30 de xaneiro coa participación de Carlos L Bernárdez, prestixioso historiador e crítico da arte, e seguiranlle os catro mércores seguintes o historiador e comisario de Castelao maxistral, Miguel Anxo Seixas; o humorista gráfico, xornalista e ensaísta Siro López; o ex Valedor do Pobo José Julio Fernández; e Pilar Cagiao, especialista en fenómenos migratorios e directora do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas ‘Gumersindo Busto’, encargada de pór o alfinete a estas xornadas o 27 de febreiro.

Os Diálogos o redor de Castelao comezan con Carlos L. Bernárdez, quen abordará o peso da figura de Castelao na plástica galega. En concreto, centrarase no período da Guerra Civil. Pola súa banda, o 6 de febreiro, Miguel Anxo Seixas revelará polo miúdo como concibiu a mostra Castelao maxistral e achegaralles aos e ás participantes as últimas descubertas sobre o artista de Rianxo.

Ao seguinte mércores, día 13 de febreiro, será a quenda de José Julio Fernández. O ex Valedor do Pobo —e actualmente mestre de Dereito Constitucional da USC e director do Centro de Estudos de Seguridade— afondará nos debuxos de Castelao, pero desde a óptica da capacidade comunicativa dos mesmos nunha opinión pública democrática.

O recoñecido humorista gráfico, caricaturista e ensaísta Siro López participará o 20 de febreiro neste ciclo cunha intervención co suxestivo título ‘Castelao, o humor galego en Europa’. Débese destacar que o debuxante é todo un experto na figura do artista de Rianxo, xa que ten publicado Simplicissimus, Gulbransson e Castelao, onde desenvolve a influencia do humorista alemán Gulbransson sobre os traballos e caricaturas do intelectual galeguista; e Castelao na arte europea, na Real Academia Galega de Belas Artes.

Pilar Cagiao pechará o ciclo co que a Cidade da Cultura se suma a programación homenaxe ao ‘Día do Castelao’. A directora do Centro Inderdisciplinario de Estudos Americanistas ‘Gumersindo Busto’ intervirá o mércores 27 de febreiro no que incidirá no exilio ao que se viu obrigado Castelao na Arxentina, e moitas e moitos dos seus coetáneos, xa que é especialista en movementos migratorios e as relacións culturais entre España e América. Precisamente, a súa tese doutoral ‘Participación económico social da inmigración galega en Montevideo, 1900-1970’, lida na Universidade Complutense de Madrid (1990) mereceu Premio Extraordinario.

Outras actividades ao redor de Castelao maxistral

Ademais destas xornadas, a Cidade da Cultura continúa co seu programa de actividades para dinamizar a exposición Castelao maxistral. Así, do 26 de febreiro ao 1 de marzo realizarase un ciclo de debate con escolares, moderado por xornalistas.

Precisamente, a comunidade educativa está a amosar un enorme interese pola exposición, xa que son preto de 4.000 escolares os que xa a teñen visitado desde a súa apertura e, a día de hoxe, xa está confirmado ata o peche da mostra —previsto para o 3 de marzo— un número similar, polo que a cifra final prevista é a de superar os 8.000 estudantes en Castelao maxistral, provenientes de centros de toda Galicia.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información