Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Margarita Ledo, primera mujer en ganar el Premio Otero Pedrayo en sus 40 años de historia

Nota de prensa de la Real Academia Galega (RAG):

A académica Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951) é a gañadora da última edición do Premio Otero Pedrayo. A cineasta, catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, é a primeira muller recoñecida con este galardón nos seus corenta anos de historia. A proposta, realizada pola Deputación de Pontevedra, encargada de convocar o premio este ano, foi aprobada por unanimidade.

"Hoxe é un día feliz para a Deputación de Pontevedra e para a cultura galega, porque por primeira vez se lle concede este premio a unha muller, por méritos máis que sobrados e pola súa capacidade de defensa do idioma e da cultura galega", salientou a presidenta do ente provincial, Carmela Silva, tras darse a coñecer a decisión do xurado.

No informe da súa proposta, a Deputación salienta a "traxectoria vital, profesional e intelectual" da académica, quen desenvolveu un "xornalismo comprometido e as primeiras investigacións sobre as relacións dos intelectuais portugueses e galegos". Margarita Ledo foi pioneira tamén, engade o texto, "nas investigacións e xéneros audiovisuais que non estaban desenvolvidos en Galicia", sempre tendo en conta a perspectiva de xénero en todos os seus traballos e intervencións públicas".

A cineasta é membro de número da Real Academia Galega desde o ano 2009 e ocupa precisamente a cadeira que no seu día foi de Ramón Otero Pedrayo. O galardón que leva o seu nome é convocado cada ano por unha das catro deputacións provinciais galegas co obxectivo de recoñecer as personalidades ou institucións que se caractericen pola difusión e o mantemento da cultura galega.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información