Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Marina Mayoral ingresa en la Real Academia Galega (RAG) como miembro de honor

Nota de prensa de la RAG:

Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942) ingresará o 2 de decembro na Real Academia Galega como académica de honra. A novelista e investigadora, catedrática da Universidade Complutense de Madrid, é autora dun centenar de traballos sobre diferentes autores, entre os que destacan os dedicados a Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, que a converten nunha autoridade nos estudos centrados en ambas as escritoras. Sobre a primeira versará o discurso de entrada na RAG, titulado Por que Murguía destruíu as cartas de Rosalía. O académico de número Xosé Luís Franco Grande será o encargado de lle dar resposta en nome da Academia.

Marina Mayoral estudou os primeiros cursos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid. Tras exercer uns meses como catedrática de ensino secundario, iniciou a súa carreira como docente universitaria e doutorouse en 1971, con premio extraordinario, cunha tese sobre a poesía de Rosalía de Castro. A este traballo, publicado pola editorial Gredos en 1974 con prólogo de Rafael Lapesa, seguíronlle outros estudos e edicións de diferentes títulos rosalianos como En las orillas del Sar (Castalia, 1978), Follas Novas (Xerais, 1990), Obras Completas (Editorial Turner, 1993). Con eles levou o nome de Rosalía de Castro e de Galicia a tribunas académicas internacionais onde foi conferenciante e profesora convidada, como as universidades de Harvard, Brown, California, Pennsylvania, Xenebra ou La Sapienza de Roma. O universo literario de Emilia Pardo Bazán -cuxa casa na rúa Tabernas da Coruña acubilla hoxe a sede da RAG- débelle tamén edicións e investigacións que a converten igualmente nunha das autoridades de referencia sobre a autora coruñesa. Como escritora, Marina Mayoral é autora dunha rica e ampla obra narrativa en galego e castelán (dezasete novelas, cinco libros de relatos e 26 relatos incluídos en antoloxías estatais e estranxeiras) distinguida con sete galardóns. Parte dos seus títulos, ademais de moi reeditados, foron traducidos a varios idiomas. É o caso de Unha árbore, un adeus (Galaxia, 1988), Chamábase Luís (Xerais, 1989) e Querida amiga (Galaxia, 1995), coas que gañou o Premio Losada Diéguez de 1989 e 1996, Tristes armas (Xerais, 1994) ou Quen matou a Inmaculada Silva? (Xerais, 2009). Con anterioridade, mereceu o Premio de Ámbito Literario de 1979 por Cándida, otra vez, o Premio Novelas y Cuentos de 1980 por Al otro lado, o Premio Gabriel Sijé de 1981 por Plantar un árbol, o Premio Hucha de Oro de 1982 por Ensayo de comedia ou o Premio San Clemente de 2012 por Deseos.

A súa produción literaria chamou ademais a atención da crítica e da investigación, desde as que se lle dedicou máis dunha vintena de artigos e capítulos de libro, e mereceu a súa inclusión en varias obras en linguas inglesa sobre escritoras de España e Europa. O articulismo é outra das facetas habituais de Marina Mayoral, autora de máis dun milleiro de columnas e recoñecida co Premio Fernández Latorre no ano 1992. O seu labor a prol dos valores culturais foi recoñecido tamén coa concesión da Medalla Castelao en 1998.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información