Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

El 31º Cineuropa pone el foco en las revoluciones y reivindica el cinema como experiencia colectiva

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

Ao longo do mes de novembro, Cineuropa'31 ofrécenos a posibilidade de redescubrir clásicos como O Acorazado Potemkin (1925), de Sergei M. Eisenstein; La Chinoise (1967), de Jean Luc Godard; La Batalla de Chile (1975-79), de Patricio Guzmán, ou Le fond de l’air est rouge (1977), de Chris Marker, pero tamén garda lugar para outro tipo de aproximacións a estes momentos históricos, como a que ofrecen as pezas Nicholas and Alexandra (1971), de Franklin J. Schaffner, ou Marie Antoinette (2006), de Sofia Coppola.

O obxectivo é achegarse ao proceso revolucionario dende perspectivas diversas, ao tempo que reivindicar a dimensión colectiva no cinema, a súa práctica en sociedade, como pracer e como feito subversivo nun momento no que as fórmulas e tendencias de ocio incitan, cada vez máis, ao seu consumo individualizado e acrítico.

A idea do cinema como revolución convértese tamén en protagonista do cartaz do Cineuropa 2017 e esténdese a outras seccións da programación que inclúen, entre outras fitas destacadas, a estrea estatal de Napalm (2017) , o último traballo do xornalista e realizador Claude Lanzmann, no que reconstrúe a súa traxectoria como activista en Corea do Norte durante Guerra Fría, ou A fábrica da nada (2017), o musical revelación do ano en Cannes polo que o portugués Pedro Pinho recibiu o premio FIPRESCI na Quincena dos Realizadores.

O luns, día 30 de outubro, ás 11:30 horas, a Casa do Concello de Santiago de Compostela acollerá a presentación oficial da 31ª edición do festival nun acto no que participarán o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural,Branca Novoneyra; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o director do festival, José Luis Losa.

Entre as novidades deste ano, figura a convocatoria para seleccionar un Xurado Novo que comporán mozas e mozos de entre 18 e 25 anos. Alén do requisito de idade, esíxese dispoñibilidade para ver a selección de filmes que se someten a avaliación nas sesións de Cineuropa'31. O convite a participar neste xurado non se limita ao estudantado universitario, senón que procura achegarse a toda a mocidade interesada no cinema. Para se inscribir no proceso de selección do Xurado Novo, aberta até o 30 de outubro, só é preciso encher un formulario online xa dispoñible na web e redes do festival. A composición do mesmo farase pública o día 31 deste mes.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información