Se inaugura en la capital gallega la exposición fotográfica con obras realizadas por Anna Turbau en Galicia entre 1975 y 1979

As fotografías que Anna Turbau realizou en Galicia entre 1975 e 1979 compoñen a exposición "A intimidade da imaxe" que organiza o Consello da Cultura Galega en colaboración coa Universidade de Santiago. A inauguración da mostra celébrase o xoves 19 de outubro ás 20.00 horas nun acto ao que asiste a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez.
Nas fotografías da exposición, que permanece aberta ata o 10 de decembro comisariada pola profesora Margarita Ledo, a fotógrafa catalá exhibe unha Galicia inédita durante os anos da transición. O horario de visitas será de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la USC
R.