El Consello da Cultura Galega promueve el debate en torno a las Irmandades da Fala en un congreso el 18 y 19 de octubre

Despois dun primeiro encontro, realizado en outubro de 2016, no que se analizou o movemento das Irmandades no plano europeo e de modo comparado, este segundo encontro céntrase no espazo ibérico no período de entreguerras, co obxectivo de analizar as semellanzas e contrastes entre os diversos proxectos nacionais xurdidos naquela época (Cataluña, Euskadi, Galicia) e tamén a posición dalgúns intelectuais de referencia ante a cuestión nacional, tanto en España (Ortega y Gasset, Pardo Bazán), como en Portugal (Teixeira de Pascoaes).
No vindeiro ano 2018, terá lugar un terceiro encontro sobre as Irmandades da Fala e as comunidades galegas no exterior, nas repúblicas americanas.
Fotografía: Consello da Cultura Galega (CCG)
R.