La muestra 'Da árbore á cadeira', en la Cidade da Cultura, constituye un homenaje a la tradición de la madera en Galicia

Este percorrido comeza nos propios bosques galegos, baixo a ollada de fotógrafos como Manuel Vilariño, Vari Caramés, Xosé Caruncho, Juan de la Sota ou Juan Rodríguez; grandes artistas plásticos como Castelao, Seoane, Maside e figuras contemporáneas como Pamen Pereira ou Jorge Perianes. Nunha segunda etapa deste percorrido, a exposición ofrece unha viaxe polo deseño desde os pioneiros (Isaac Díaz Pardo, Alejandro e Jesús de la Sota e Xosé Bar Bóo) ate os contemporáneos, entre os que se atopan moitos dos grandes arquitectos e deseñadores galegos, como Manuel Gallego Jorreto, Irisarri e Piñera, Noguerol e Díaz, Iago Seara, Carlos Quintás, Creus e Carrasco, Tomás Alonso, Elías Cueto, Lucía Buceta ou Iñaki Leite.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou a exposición Da árbore á cadeira como unha homenaxe á tradición da madeira en Galicia, que serve para recoñecer as implicacións dunha actividade que fala do que temos e do que somos. Durante unha visita á mostra, Feijóo afirmou que esta exposición reflicte que a madeira forma parte indispensable da nosa vida diaria, a través dos mobles; e que transcende ao valor de utilidade, pois tamén serve á creatividade, a través das obras de arte.
Así mesmo, incidiu en que o corazón forestal de Galicia significa: unha oportunidade, porque o seu valor económico repercute positivamente na economía do rural, sendo o mellor xeito de diversificalo e asegurar o seu futuro; competitividade, porque dá emprego a 70.000 persoas; e identidade, porque a masa forestal e todo o que implica é patrimonio e froito da responsabilidade de todos os galegos.
Nesta mesma liña resaltou que os emprendedores do moble e a madeira de Galicia facturaron máis de 1900 millóns de euros; e as 3000 empresas que conforman o sector, das que un 37% pertencen á primeira transformación e un 63% á segunda, exportan máis de 800 millóns de euros. O titular da Xunta concluíu apostando por seguir aproveitando a madeira como recurso natural propio, e por facelo de maneira sustentable.
Comisariada polo recoñecido arquitecto galego Carlos Seoane, Da árbore á cadeira propón unha viaxe emocional da materia ao produto, da madeira ao mobiliario doméstico. Así, a exposición ofrece unha viaxe polo deseño desde os pioneiros (Isaac Díaz Pardo, Alejandro e Jesús de la Sota e Xosé Bar Bóo) ata os contemporáneos, entre os que se atopan moitos dos grandes arquitectos e deseñadores galegos, como Manuel Gallego Jorreto, Irisarri e Piñera, Noguerol e Díaz, Iago Seara, Carlos Quintás, Creus e Carrasco, Tomás Alonso, Elías Cueto, Lucía Buceta ou Iñaki Leite.
Previamente, o visitante entrará en diálogo cos bosques a través da súa compoñente artística, cultural e identitaria. A ollada persoal de fotógrafos como Manuel Vilariño, Vari Caramés, José Caruncho, Juan de la Sota ou Juan Rodríguez mestúranse no primeiro andar do Museo Centro Gaiás coa visión que do bosque tiveron grandes artistas plásticos como Castelao, Seoane, Maside e figuras contemporáneas como Pamen Pereira ou Jorge Perianes. Unha vinculación home-territorio que tamén se plasma a través das árbores centenarias da finca Galega de Alfoz ou a colección de troncos de Xaquín Lorenzo, Xocas.
Da árbore á cadeira conta coa colaboración do Grupo Cándido Hermida, que fabricou en exclusiva para a mostra mobles deseñados polo comisario Carlos Seoane, Fundación Banco Sabadell e Viaqua, ademais do apoio do Clúster da Madeira e o Deseño en Galicia. E como todas as actividades culturais da Cidade da Cultura, a exposición conta co patrocinio do Fondo Gaiás da Empresa Galega.
A exposición pode visitarse desde o 7 de abril ata o 5 de novembro de martes a domingo en horario de 10 a 20 horas. Ademais, a Cidade da Cultura ofrece todos os días visitas comentadas á mostra ás 17:30 horas e os sábados, domingos e festivos tamén ás 12:30 horas. A entrada á nova mostra da Cidade da Cultura é de balde.
R.