Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Os Bolechas dedican una colección a los protagonistas del Día das Letras Galegas en colaboración con la RAG

Nota de prensa de la Real Academia Galega (RAG):

A Real Academia Galega contou cuns convidados moi especiais. Trinta e dous alumnos e alumnas de infantil e primeiro ciclo de primaria do Centro Rural Agrupado Boqueixón-Vedra Neira Vilas foron recibidos polo presidente da institución, Xesús Alonso Montero, e Os Bolechas para participaren na presentación da nova colección destes populares personaxes, As miñas primeiras Letras Galegas. A serie, que conta co apoio da RAG, achegará o público infantil á vida e á obra de grandes nomes da nosa literatura que foron elixidos por esta institución para protagonizaren algún Día das Letras Galegas. E farao, como con cada entrega desta popular familia, de xeito divertido á vez que didáctico, afondando ao mesmo tempo no coñecemento da lingua propia de Galicia.

Os escolares abriron o acto recitando o poema "A fala" de Eduardo Pondal, o protagonista do primeiro libro da colección e autor da letra do Himno, que entoaron tamén no peche da presentación desde as cadeiras dos académicos de número. Xunto aos pequenos, os Bolechas e o presidente da RAG, tamén tomaron a palabra Antonio Couto Rego, editor de edicións Bolanda, o selo que publica os libros dos Bolechas desde 2012; José Manuel López Marcos, director de mercadotecnia de Caixa Rural Galega, patrocinadora da serie; e Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, que tamén apoia esta iniciativa. O acto contou así mesmo coa presenza de Xosé María Varela en representación da Fundación Eduardo Pondal.

O creador da familia Bolechas, Pepe Carreiro, converte en cada volume unha da obras do autor homenaxeado nun entretido conto no que os lectores van descubrindo quen é o persoeiro ao tempo que gozan dunha das aventuras típicas de Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa. Cada relato complétase cunha breve biografía e un repaso ás principais obras da figura que protagoniza o libro.

No primeiro volume da serie, Eduardo Pondal narra a descuberta de América a través dos seus versos d'Os Eoas. Algúns dos termos máis complexos da obra son explicados ao final a xeito de sinxelo dicionario para permitir unha maior comprensión. Os seguintes números estarán dedicados a Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Ánxel Fole e Manuel María. "É un privilexio que, xogando e pasándoo ben, poidades aprender a vida de Rosalía de Castro, de Manuel María ou de Curros Enríquez, empezando pola de Pondal", explicou o presidente da Academia ao público cativo, que aplaudiu a decisión de iniciar a colección co libro dedicado a Pondal, xa que nun mes e medio comezará o ano do centenario do seu pasamento. Xesús Alonso Montero tamén tivo palabras de recordo para Xosé Neira Vilas, o escritor e académico que lle dá nome ao colexio convidado, falecido o 27 de novembro de 2015.

Alonso Montero concluíu a súa intervención lembrándolles aos pequenos visitantes que a RAG é "a casa da palabra" e que sempre poderán recorrer a ela para resolver as súas dúbidas lingüísticas: "Comprométome a respondelas persoalmente. Este colexio de Boqueixón-Vedra quedará sempre no meu corazón".

Desde que comezaron a publicarse no ano 2000, Os Bolechas convertéronse en todo un fenómeno. Con máis de 550 títulos publicados e máis de 1.500.000 exemplares distribuídos, gozan de gran popularidade entre os máis pequenos, que seguen con paixón as súas aventuras, ben sexa a través dos seus libros, da televisión, nas propostas escénicas ou nas saídas á rúa. O seu éxito contribuíu a que toda unha xeración de galegas e galegos se achegase á cultura e á literatura en lingua galega desde os primeiros anos de vida, salientou o editor Antonio Couto Rego, que asegurou que hoxe é "un día feliz" porque se fai realidade un proxecto "longamente anhelado".

José Manuel López Marcos salientou que co apoio de Caixa Rural Galega a esta colección a entidade financeira pretende contribuír á divulgación da nosa lingua e da nosa cultura, "o reflexo dun pobo" e o mellor xeiro "de preservar" a nosa identidade.

Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística recordoulles aos escolares que na RAG se decide quen é cada ano a persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas e destacou que Os Bolechas teñen "unha identificación moi especial", o feito de falaren sempre galego, e animounos a seguir o seu exemplo.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información