Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

La película Ma vie de Courgette protagoniza el ciclo infantil del Festival Cineuropa 2016

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e o director de Cineuropa, José Luis Losa, presentaron un novo programa dentro do festival, que nace con vocación de permanencia aproveitando o trixésimo aniversario desta cita cinematográfica. "Cineuropa Infantil permitirá a alumnado dos colexios e institutos da cidade achegarse ao mundo audiovisual con outra mirada, para aprender os códigos da linguaxe específica do cinema", explicou o concelleiro Manuel Dios. Ademais, esta iniciativa quere contribuír a "unha mellor educación para a convivencia, dende a perspectiva de que o cinema é un extraordinario recurso educativo, particularmente en relación cos valores cívicos e democráticos contemplados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos".

Esta iniciativa está dirixida a alumnos e alumnas de 5º ou 6º de Primaria, que se achegarán ao Teatro Principal o xoves 24 e o venres 25 de novembro para visionar a película de animación francesa titulada Ma vie de Courgette, subtitulada en español ou galego. A actividade non só consistirá no seu visionado, senón que o Departamento de Educación e Cidadanía adxuntou aos centros escolares unhas secuencias para traballar na aula tanto antes como despois de ver o filme.

Tal e como destacou o concelleiro de Educación, trátase dunha primeira edición desta iniciativa, de tal xeito que "no futuro serán máis as películas seleccionadas para distintas idades, de tal maneira que poderán achegarse alumnos e alumnas doutros niveis educativos".

Ma vie de Courgette

En palabras de José Luis Losa, Ma vie de Courgette é un achegamento a infancias malparadas – as desfeitas emocionais dos seus protagonistas son dignas de El Caso – para, a partir de aí, propulsar unha historia de reparacións afectivas, de empatía de grupo, de reconstrucións propulsadas pola mirada en tenra stop-motion de Courgette.

A película está centrada nun neno de 10 anos alcumado Courgette (cabaciña en galego), que é enviado a un orfanato trala morte da súa nai. A historia narra como superará as dificultades e se integrará neste novo ambiente cun pequeno grupo de nenos maltratados, como el, pola vida.

O filme, coproducido por Francia e Suíza, ten unha duración de 66 minutos e pertence á Sección Oficial do Festival. Ademais dos pases para o alumnado dos centros públicos de Compostela, haberá dous pases para público en xeral o sábado 26 e o domingo 27, ás 16:45 horas.

Ma vie de Courgette recibiu o Premio do Público no Festival de Annecy neste ano 2016.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información