Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

La Ciudad de la Cultura de Galicia homenajea el 17 de diciembre a Valle-Inclán en el 150º aniversario de su nacimiento

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra os 150 anos do nacemento de Valle-Inclán nunha última sesión de Nexos, o ciclo de cultura contemporánea da Cidade da Cultura, prevista para o 17 de decembro na Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Este último Nexos do ano terá como convidada especial a Dianella Gambini, catedrática de Lingua Española e Traducción na Università per Stranieri de Perugia (Italia) e unha grande especialista na obra de Valle-Inclán. A través do seu relatorio, os espectadores farán unha viaxe pola obra do noso máis grande dramaturgo, un cronista da época que foi incorporando na súa obra os horrores do cambio de século e a miseria da vida cotiá, deformados pola lente do grotesto e a comedia negra.

Ao longo desta sesión percorrerase a súa traxectoria estética, da etapa modernista ao esperpento, transitando por algúns dos personaxes máis destacados da súa produción.

A sesión completarase coa actuación de Saúl Puga (contrabaixo) e Pablo Seoane (piano), que porán en escena ‘Fake’, unha composición orixinal de Pablo Seoane inspirada en ‘La Lámpara Maravillosa’, ensaio de Valle-Inclán de cuxa publicación se cumpren os 100 anos neste 2016.

Como en todos os Nexos, os máis pequenos –rapaces de 5 a 12 anos- terán a súa particular sesión, na que se achegarán á figura de Valle-Inclán a través das súas obras, personaxes e vivencias. E como do que se trata é de ofrecer un aperitivo cultural os sábados pola mañá, servirase un petisco cortesía de Pan do Mar e un viño Martín Códax para despedir o ano e brindar polo Nexos do 2017.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información