Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Del 16 al 24 de julio, la Muestra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) ofrece 20 espectáculos

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia presentou a programación da súa trixésima segunda edición, que se desenvolve do 15 ao 24 de xullo coa participación de 20 compañías procedentes de Lituania, Francia, Arxentina, Chile e diferentes puntos de Galicia e do resto de España. Ademais de reforzar a súa dimensión internacional, este ano o encontro concederá un especial protagonismo ás olladas femininas a través dos traballos de actrices como a arxentina Laura Nevole, a madrileña Eva Rufo, a sevillana Carmen Gallardo ou as galegas Mabel Rivera, Belén Constenla e Patricia de Lorenzo.

O encontro volve contar co apoio, entre outras entidades, da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O seu director, Jacobo Sutil, participou xunto co alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, e o director artístico da MIT, Roberto Pascual, na presentación que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, e na que se detallaron os principais eixos desta carteleira.

A Xunta de Galicia mantén a súa achega de 60.000 euros a través dun convenio de colaboración asinado co Concello de Ribadavia, mediante o que se recoñece o carácter histórico da mostra, así como a súa capacidade para se adaptar tanto ás demandas do público como ás propostas escénicas do século XXI. Así o explicou o director da Agadic, quen subliñou así mesmo o labor da MIT no ámbito da produción, que se materializará na coprodución galego-portuguesa de ‘O conto de inverno’, de William Shakespeare, baixo a dirección de Marcos Barbosa e coa participación do Centro Dramático Galego. Este espectáculo, que ten prevista a súa estrea no mes de outubro en Aveiro, poderá verse en Ribadavia en 2017.

Jacobo Sutil enmarcou a colaboración coa Mostra Internacional de Teatro no programa de apoio da Agadic a eventos considerados estratéxicos para as industrias culturais, do que tamén forma parte a convocatoria anual de subvencións para festivais de artes escénicas e de música. Neste sentido, anunciou que hoxe tamén se fixo pública na web www.agadic.gal a resolución destas axudas, a través das que se adxudica un total de 170.000 euros a outras nove mostras: o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), o Festival Internacional de Títeres Galicreques, o Festival de Títeres de Redondela, o Festiclown de Vilagarcía, o Corpo(a)terra de Ourense, o Festival de Teatro Galego do Carballiño e a Mostra de Teatro de Cariño.

A memoria, a violencia, a palabra e a arte son os principais eixos temáticos ou motivos recorrentes a partir dos que a organización da MIT deseñou a súa programación de 2016, na que un dos pratos fortes será a presentación en Galicia do traballo de Oskaras Koršunovas, director do Teatro Municipal de Vilna, en Lituania. Koršunovas dirixe a posta en escena de ‘A gaivota’, de Chejov, espectáculo xurdido a raíz dos laboratorios desenvolvidos tanto no seu espazo como no Colexio de Teatro da Bienal de Venecia.

Nesta oferta internacional, destaca tamén a mestura de cómic, vídeo e teatro da veterana formación chilena TeatroCinema, dirixida por Juan Carlos Zagal, que chegará a Galicia coa montaxe ‘Historia de amor’.

Como en edicións anteriores, a escena galega continuará tendo unha importante presenza nesta carteleira, que este ano concede un especial protagonismo a Matarile Teatro con motivo do seu trixésimo aniversario. A compañía de Ana Vallés e Baltasar Patiño exhibirá en Ribadavia ‘El cuello de la jirafa’, ‘Teatro invisible’ e ‘Antes de la metralla’. Esta última proposta está pensada como un encontro escénico entre diferentes profesionais do panorama artístico estatal, que se concretará nun espectáculo aberto e en evolución para se adaptar aos espazos e festivais nos que se presente trala súa estrea en Ribadavia.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información