Notas
-
A Deputación impulsa a Festa da Malla de Meira que se celebrou hoxe cun grande éxito de participación. Entre os milleiros de persoas se achegaron ata esta localidade para desfrutar dalgunha das actividades propostas polos organizadores, atopábase o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano.
-
O Teatro Colón ten preparado de aquí a fin de ano unha oferta teatral de máxima calidade con obras como El Coloquio de los perros de Els Joglars, a Master Class con Norma Aleandro como protagonista ou a Yerma interpretada por Silvia Marsó e coproducida polo Centro Dramático Nacional.
-
Un ano máis, e xa van catro, o Minho Reggae Splash será o encargado de pechar a tempada de festivais de referencia do verán e farao con nova localización, no Espazo Fortaleza de Goián. Dous días cheos de actividades deportivas e artísticas, espectáculos de rúa, obradoiros, feira de artesanía e por suposto con moito reggae. Bandas internacionais e nacionais que converterán novamente ao Baixo Miño no referente do reggae nacional.
-
Fará a a presentación o seu director Fernando Cortizo, autor doutras curtas curtas como Blackcat spantat, Solo, O ladrón de bonecas, Bucowski, ou Promesa interesándose e especializándose na técnica de animación stop motion. O APÓSTOLO é a primeira película de animación stop-motion de Europa feita mediante produción estereoscópica.
-
El escritor y periodista Manuel Guisande presenta en la Red parte de la exposición «En tu línea». «En tu línea» es una propuesta creativa, consistente en 15 poemas que dan entrada cada uno de ellos a dos instantáneas, en la que se relaciona algo que estamos tan acostumbrados a ver, como son las líneas de las carreteras, con situaciones cotidianas a través de unos textos llenos de frescura y desenfado.
-
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, mantivo un encontro co profesor emérito da Universitat de Barcelona Basilio Losada, onde se ofreceu a ampliar os fondos da Biblioteca de Galicia con aproximadamente 4.000 volumes da súa colección. Na reunión, na que tamén estivo presente o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, Losada puxo a dispor da Biblioteca de Galicia os seus fondos bibliográficos.
-
O programa ‘Música no Camiño’ amenizará con actuacións musicais as tardes estivais no camiño francésTurismo de Galicia e os concellos do Camiño Francés veñen de rubricar un acordo de colaboración a través do que se promoverá a distribución do produto musical galego nos concellos polos que discorre este Camiño. A través deste acordo, os devanditos municipios contarán con actuacións musicais para amenizar as tardes estivais, que se desenvolverán en lugares públicos e que serán de libre acceso e sen cobro de entrada.
-
Entre el 15 y el 17 de agosto, el emplazamiento se convertirá en el escenario de proyección de los grupos urbanos coruñeses que compartirán espacio con algunos de los referentes nacionales de hip-hop, rock y música electrónica
-
O Concello de Teo lembra e homenaxea durante o mes de agosto as figuras de Ánxel Casal e outras vítimas represaliadas do 1936 así como ao seu fillo adoptivo, Avelino Pousa Antelo, no seu primeiro cabodano. Entre o 17 e o 20 deste mes están programadas diferentes actividades que servirán para recuperar a memoria destas figuras históricas vencelladas a Teo.
-
A Deputación de Lugo convoca un ano máis 25 prazas para que artesáns poidan amosar os seus traballos durante as festas patronais no espazo denominado Artesanfroilán. A cita que se celebrará entre os días 5 e 12 de outubro é xa un clásico das patronais lucenses. A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, deu a coñecer as bases da convocatoria deste ano que reserva de novo un 80% para os profesionais da provincia.