Notas
-
O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) acolleu a presentación do espectáculo de Edicións Bolanda que levará á coñecida Familia Bolecha e as súas músicas a once localidades, como Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo, Burela, Santiago de Compostela, Cangas, Ourense, Narón, Lugo, A Coruña e Vilalba do 22 de decembro ao 8 de xaneiro.
-
O espazo adicado á vangarda creativa galega, no espazo da Cidade da Cultura, exhíbense obras de Cañamero, Eireos, Moreno Carretero, Esteve Reig, Ramírez Ariza e Martínez Muñiz, gañadores do III Encontro de Artistas Novos.
-
Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Castelao, Rafael Dieste e Valle-Inclán son algúns dos autores e autoras da literatura galega a través dos que a fundación convida a coñecer a ruta xacobea do mar de Arousa e Ulla, incidindo na súa extraordinaria riqueza cultural.
-
Culturgal 2013 ten como obxectivo dar a coñecer todas as oportunidades e produción das industrias culturais en Galicia no Pazo da Cultura de Pontevedra.
-
Editado pola asociación cultural Eira Vella, de Betanzos, o libro "Historias de Icía e Avoa (Condensadas)" foi presentado na Galería Sargadelos de Lugo pola súa autora Sabela Arias, que recolle nel unha escolma das viñetas publicadas desde 2003.
-
O bibliotecario Antonio Magariños Compaired presentou na Casa de Galicia en Madrid, unha "Selección de fontes para o estudo do Camiño de Santiago. Unha proposta de percorrido", no marco do Seminario J. A. Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos.
-
O proxecto cinemalugo.tv, impulsado pola área de Cultura da Deputación, traballa na promoción e difusión do cinema galego, e particularmente aquel vencellado ás terras de Lugo. “París”, foi rodada nos Ancares e conta a historia duns amigos que deciden compartir unha experiencia cinematográfica.
-
“Posesións para un esquecemento” do lucense Daniel Díaz Trigo, gañou este premio dentro do Outono Fotográfico, para promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento.
-
Mulleres século XX. Luces e sombras está conformada por 65 imaxes de mulleres que viviron, traballaron e participaron na sociedade lucense entre os anos 30 e 80. Exhíbese no Arquivo Histórico Provincial de Lugo e forma parte dos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller.
-
A cantautora arxentina filla de galegos Lorena Lores combina o tango e o folk na súa actuación na SGAE e os grupos de Marcelo Dellamea e de Davide Salvado comparten escenario no CGAC. MICatlántica peza os espazos Expo, Lab e Fórum na Cidade da Cultura.